Repasando http://termos.trasno.gal/ acabo de caer en:
create account, register, sign up → crear conta
Eu sempre o traducín como «crear unha conta». ¿Debería quitarlle o «unha» ás
miñas traducións?
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- administrad
O luns 14 agosto 2017 21:01:49 CEST Leandro Regueiro escribiu:
> 2017-08-14 20:51 GMT+02:00 Adrián Chaves :
> > Repasando http://termos.trasno.gal/ acabo de caer en:
> > create account, register, sign up → crear conta
> >
> > Eu sempre o traducín como «crear unha conta». ¿Debería quitarlle
Botácheslle un ollo a https://openoffice.apache.org/translate.html ?
Por que vaias adiantando traballo mentres Antón non contesta con información
máis específica.
Tampouco teño claro se Antón segue a manter tanto OpenOffice como LibreOffice
ou
se centrou os seus esforzos no segundo.
O domingo
Basándome en https://en.wikipedia.org/wiki/One-time_password , entendo que
«one-time password» non é un nome propio, senón o equivalente en inglés a
«contrasinal dun só uso». Polo tanto non ten nada que ver cos exemplos que pon
Fran de nomes propios de protocolos e tecnoloxías. E na miña opinión
Non teño moita experiencia coa creación de contido en Wordpress, pero parece
que estás pegando o código HTML de LanguageTool onde non é.
O código HTML que copiaches da páxina de LanguageTool está acabando dentro dun
elemento de JavaScript (
Para os push/pull/commit de Git eu adoito usar enviar/obter/remitir. Pero
«pull request» sería máis ben unha «solicitude de integración (de remisións)».
Estaría ben chegar a un acordo. En KDE hai algún programa con integración con
Git que usa moito deste vocabulario (KDevelop probablemente), e t
https://www.mail-archive.com/proxecto@trasno.net/msg15672.html
O venres, 7 de decembro de 2018 12:24:04 CET Miguel Bouzada escribiu:
> Alguén ten tradución para «Bookmarklet» ?
>
> Os cataláns teñen a súa interpretación «*miniaplicació enllaçada* -
> proposto polo Termcat» →
> https://ca.wikiped
Eu vía as supernenas :P
O martes, 11 de decembro de 2018 14:29:04 CET mvillarino escribiu:
> Boa tarde,
>
> voume tomar a licenza de traducir "Powerpuff girls" como "As Supernenas".
>
> que non vos vexo moi ao día de boing, clan etc.
>
> :-D
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar co
Cando se discutira no 2013 non se chegara a ningunha conclusión concreta, pero
fixéranse varias propostas: https://www.mail-archive.com/proxecto@trasno.net/
msg15857.html
Eu en calquera caso evitaría deixalo en inglés e buscaría algo que polo menos
suxerise o significado, aínda que non casemos d
Personalmente prefiro «zona illada», pero a verdade é que calquera das catro me
parece ben.
O mércores, 26 de decembro de 2018 11:44:04 CET Miguel Bouzada escribiu:
> Segundo a achega de Xusto sería:
>
>- Área illada
>- Zona illada
>- Área de illamento
>- Zona de illamento
>
> Q
Se entendo ven o exemplo do RAG, suponse que debemos usar «validar» como
tradución de «log in»? oO
O xoves, 27 de decembro de 2018 12:24:05 CET Antón Méixome escribiu:
> Non sei en que momento se incorporou a 3ª acepción
>
> https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/validar
>
> (Informáti
Atopei algunhas referencias no arquivo¹, en tres fíos distintos, pero en
ningún se chegara a ningunha conclusión.
De feito, o fío máis interesante falaba de *non* utilizar a tradución que a
min me parece máis axeitada: «[software] de traballo en grupo». Por exemplo:
groupware → software de
Non teño tradución ningunha, pero si te diría que vises de pasarte en calquera
caso a https://secretchronicles.org/en/, un fork que continúa o
desenvolvemento. O Secret Maryo Chronicles leva anos abandoado.
Se algún se traduce no futuro será o The Secret Chronicles of Dr. M. (TSC). O
xogo non e
O luns, 4 de marzo de 2019 22:22:46 CET Antón Méixome escribiu:
> Non se falou diso
>
> Hai unha serie de palabras que van saíndo e están relacionadas
>
> iconas → emoticona → emoji → animojis (gráficos animados, cada vez máis
> vinculados á publicidade e márquetin de empresas concretas. De aí
Con sorte «birthday» refírese en realidade a «birthdate», que sería «data de
nacemento» e non «aniversario» (que só incluiría día e mes).
Se non é así, eu buscaría máis contexto ou preguntaría directamente aos
desenvolvedores cal é a diferencia que teñen en mente eles.
O mércores, 6 de marzo de
Como veriades movermos o código de termos.trasno.gal a un servizo de Git, como
Gitlab, de feito que poidamos discutir cambios desde dita plataforma, e
integrar novos acordos no repositorio de xeito que queden reflectidos en
termos.trasno.gal automaticamente?
Diría que poderíamos usar mesmo algo
Está ao día?
Estou revisando as regras de Pology, e Marce introduciu regras dunha trasnada
de 2013 que non atopo en http://termos.trasno.gal/ , onde a última trasnada
que se menciona é de 2013.
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - admi
A min éme indiferente.
Pero dado o común da palabra nas traducións, agradecería un consenso
significativo antes de cambiala, para reducir a posibilidade de que se cambie
de novo no futuro próximo.
O martes, 19 de marzo de 2019 11:58:39 CET Dani escribiu:
> Boas:
>
> Vendo o glosario trasno vex
Eu véñoo traducindo como «terminal» (substantivo masculino).
Calquera acordo debería ter en conta os termos relacionados «console» e
«shell», que a día de hoxe eu traduzo como «consola» e «intérprede de ordes»
respectivamente.
O martes, 19 de marzo de 2019 11:52:49 CET Dani escribiu:
> Boas:
>
Si, ten pinta de ser o mesmo caso que environment → ambiente. Fixemos unha
escolla cando a RAG non tiña unha, e despois adoptaron unha distinta da nosa,
e tocará adaptarse.
O xoves, 28 de marzo de 2019 00:40:17 CET Dani escribiu:
> Boas:
>
> Tendo en conta isto que indica o RAG
> https://academ
Tamén consideraría:
- «causar», «causa», «causante» e «causador» (palabra nova)
- «desencadeador» (palabra nova) e «desencadeamento»
Eu diferenciaría polo menos entre os seguintes conceptos:
1. Facer que se inicie algo que remata automaticamente
Por exemplo:
Tap to trigger a
Concordo.
O mércores, 1 de maio de 2019 12:38:22 CEST RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE
escribiu:
> E non será mellor "control desprazable" tal e como se recolle en
> http://wiki.trasno.gal/Glosario_de_corpus_-2009 e se emprega, por exemplo, na
> documentación en galego de Sony (http://tinyw.in/Caw
>
>
> Dani
>
> O 02/05/19 ás 10:20, Miguel Bouzada escribiu:
> > Eu traduzo sempre por «Control desprazábel», por exemplo, no mate
> > (desktop) e vai así
> >
> > O mér., 1/05/2019 ás 17:31, Adrián Chaves ( > <mailto:adr...@chaves.io>>) escri
Para «resume», creo que «continuar» pode ser unha escolla lixeiramente mellor
que «retomar» (acaer mellor en máis contextos). Igual habería que permitir as
dúas, ou explicitar en que contextos usar unha ou outra.
Sobre a familia «mute», creo que resumiches ben a situación, non teño
argumentos a
Se vamos a pola tradución literal, temos
https://academia.gal/dicionario/-/termo/fuga e sinónimos
Gustaríame evitalo, pero non se me ocorre nada mellor.
O venres, 31 de maio de 2019 11:52:04 CEST RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE
escribiu:
> Ola,
>
> Tedes algún nome consolidado para jailbreak / j
Para os trasnegos que usedes Pology desde o repositorio, que saibades que acaba
de moverse a Git: https://cgit.kde.org/pology.git/
O xoves, 20 de xuño de 2019 00:29:11 CEST Albert Astals Cid escribiu:
> El dimecres, 27 de febrer de 2019, a les 23:29:49 CEST, Alexander Potashev va
> escriure:
> >
Eu uso «cargar de novo» para «reload» e «actualizar» para «refresh», aínda que
en inglés tenden a usalas co mesmo significado.
O martes, 30 de xullo de 2019 15:44:34 CEST Dani escribiu:
> Boas:
>
> Como traducides reload?
>
> Referido a:
> - unha web (premendo F5)
> - a o contido dun cartafol (
Eu creo os nomes das teclas xa se normalizaron hai tempo: Intro, Maiús, etc.
Pero non me preguntes onde está ese acordo :)
O xoves, 1 de agosto de 2019 11:33:16 CEST Dani escribiu:
> Boas:
>
> Como traducir ENTER key?
>
> Mirando aquí
>
> https://www.microsoft.com/es-es/language/Search?&search
A raíz de https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/aplicación entendo que
deberíamos pasar a traducir:
application → aplicación (non aplicativo)
applet → miniaplicación (non miniaplicativo)
Alguén se opón? En caso contrario, poderíamos actualizarmos a entrada
correspondente de http://termos
Eu de primeiras tamén o deixaría.
Gústame «salvagarda», pero creo que é demasiado xenérico: unha copia de
seguranza pode ser unha salvagarda, unha salvagarda non ten por que ser unha
copia de seguranza.
Un exemplo baseado no da acepción 3: «Facer copias de seguranza é a mellor
salvagarda contr
Non vería mal «copia de salvagarda», «copia de recuperación», ou similar.
O mércores, 4 de setembro de 2019 16:34:12 CEST Adrián Chaves escribiu:
> Eu de primeiras tamén o deixaría.
>
> Gústame «salvagarda», pero creo que é demasiado xenérico: unha copia de
> seguranza pode ser unh
A migración do sitio web debe seguir en progreso. Antón anunciárao por Telegram.
Vai anexa unha copia que se pode usar localmente, que no seu momento compartira
Leandro.
O martes, 21 de maio de 2019 23:48:16 CEST Xosé escribiu:
> Por exemplo:
>
> http://trasno.net/descarga/~common/resultados_t
¿Dilo por «cona» → «conta»?
O martes, 21 de maio de 2019 23:48:12 CEST Xosé escribiu:
> https://help.gnome.org/users/empathy/stable/
>
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Canc
Para debate e toma de decisión podíades probar Loomio (https://www.loomio.org/).
O martes, 21 de maio de 2019 23:57:58 CEST ifrit escribiu:
> Moitas grazas, Antón!
>
> Botámoslle un ollo e xa vos imos comentando. E por suposto desde a rede
> poríamos unha boa cantidade de mans para o tema da loca
Fallo meu, xa avisou Antón de que atopara mensaxes vellas marcadas como SPAM e
as deixara pasar.
O mércores, 22 de maio de 2019 10:28:40 CEST ifrit escribiu:
> Desculpade, non sei por que está a reenviar esta mensaxe de hai 2 anos :O
>
> A quarta, 22/05/2019, 09:42, Adrián Chaves escreveu:
>
>
Eu diría que o mellor é que escollas un programa ou un grupo de programas
polo que comezar. Aínda que é moi noble pola túa parte ofrecerte a traducir
calquera cousa, na miña experiencia é mellor intentar traballar en cousas
que polo menos uses de cando en vez, tanto para manter certa motivación
com
Estaba escribíndote desde outra conta, chegaríate ao SPAM.
Creo que podemos usar o TeamViewer, simplemente terei que desactivar o de
roubarche o teclado.
Pero necesitamos poder falar. Se tes Firefox e un micro, conecta a
https://meet.jit.si/trasno
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar corr
Perdón, fío equivocado.
2018-03-29 22:15 GMT+02:00 Adrián Chaves Fernández :
> Estaba escribíndote desde outra conta, chegaríate ao SPAM.
> Creo que podemos usar o TeamViewer, simplemente terei que desactivar o de
> roubarche o teclado.
> Pero necesitamos poder falar. Se tes Firefox e un micro, c
Estiven a piques de mandalo ao cartafol de SPAM, pero parece certo.
Botei unha ollada á enquisa, e está pensada para que se conteste como
grupo, non cada un de maneira individual.
Así que o que teña gana de contestar en nome de Trasno (calquera socio
debería poder) que antes envíe unha mensaxe á ro
Eu víñao traducindo como «ambiente» de acordo con http://termos.trasno.gal/
O cambio a «contorno» afectaría só ao «environment» de «desktop
environment» ou a algún máis de semántica informática (p. ex. «environment
variable», «integrated development environment»)? Para actualizar
http://termos.tra
40 matches
Mail list logo