Tamén consideraría: - «causar», «causa», «causante» e «causador» (palabra nova)
- «desencadeador» (palabra nova) e «desencadeamento» Eu diferenciaría polo menos entre os seguintes conceptos: 1. Facer que se inicie algo que remata automaticamente Por exemplo: Tap to trigger a click Tocar para <trigger> un clic Trigger a pre-emptive shutdown <Trigger> un apagamento preventivo Errors trigger this event Os erros <trigger> este evento This will trigger an alarm Isto <will trigger> unha alarma 2. Acción de (1) Por exemplo: Animation trigger event Evento de <trigger> da animación 3. Que (1) 4. Facer que se inicie algo que non remata automaticamente Por exemplo: Users can trigger the light source Os usuarios poden <trigger> a fonte de luz 5. Acción de (4) 6. Que (4) 7. Ser a causa de algo. Por exemplo: Cool air meeting clouds triggers rain O aire frío, ao dar coas nubes, <triggers> a choiva The connection triggered the following SSL errors A conexión <triggered> os seguintes erros de SSL E non descarto outros conceptos ou especializacións dalgúns destes conceptos que requiran traducións alternativas. Para 4, 5 e 6 válenme «activar» (entendo que o significado é o mesmo que o de «enable»), «activación» e «activador». Para 7 creo que «causar» ou «provocar» son boas opcións. Pero 1, 2 e 3 tráenme un pouco de cabeza, porque sospeito que unhas ou outras escollas poden ser máis ou menos axeitadas segundo o que se estea a iniciar. O sábado, 27 de abril de 2019 19:02:04 CEST Dani escribiu: > Recupero este fío. > > Sobre trigger/triggered > > Revisando véxoo traducido como: > - activar (libreoffice, xfce, kde, gnome) maioritariamente usada nos tres > - activación (kde) > - provocar (kde) > - executar (xfce) > - disparador (gnome) diría que esta é a tradución maioritaria para gnome. > - disparar (kde) > - realizar (xfce) > - estourar (gnome) > - emitir (kde) > - iniciar (kde, gnome) > - desencadeante (kde) tamén o vin así traducido en español (xfce), non > teño claro que exista en galego. > > Vendo o dicionario poida que activador sexa unha boa opción para > trigger, sobre todo se se compara con disparador. > > Opinións? > > > > Dani > > O 02/04/11 ás 13:53, Adrián Chaves Fernández escribiu: > > No o comentei na anterior, pero deberiades fornecer un contexto de uso. > > Senón > > as propostas poden ser tan boas como as do Google Translator. Neste caso > > podo > > dicir que eu empregaría «lapela» en vez de «separador» (foi o que se acordou > > na última Trasnada) e «disparador» en vez de «activador» (aínda que aquí > > non o > > teño tan claro, nunca escoitara o de «activador» ata o momento). > > > > Porén, da construción non podo dicir moito. Ao mellor «Detectáronse dous > > disparadores de activación de lapela idénticos.» cadra mellor no contexto, > > pero sen coñecelo é difícil dicilo. > > _______________________________________________ > > Proxecto mailing list > > proxe...@trasno.net > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -------- Mensaxe reenviada -------- > Asunto: Re: FW: [Terminoloxía] trigger > Data: Sat, 2 Apr 2011 13:33:16 0200 > De: Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com> > Responder a: proxe...@trasno.net > Para: proxe...@trasno.net > > > > Detectouse unha activación duplicada do disparador de lapela (ou > tabulación, segundo contexto - separador e "separator") > > 2011/4/2 Sandra Gavino Fernández <sandra.gav...@hotmail.com>: > > > > Estamos traducindo gummi, aplicativo de LaTeX, e temos duda en: > > > > Tab trigger > > > > Duplicate activation tab trigger dectected! > > (nos traducimos por: Detectouse unha activación por duplicado do activador > > de separador!) > > > > Un saúdo. > > > > _______________________________________________ Proxecto mailing list > > proxe...@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ > > Proxecto mailing list > > proxe...@trasno.net > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > > > > > > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal > - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL : > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=5154&h=987af67645e40af6a109b3772af32ec149a35c17&sa=1723507940 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=5164&h=1020d640d619932ccc63019e5622076da5688dcc&sa=716359772