Boas noites: Estou aprendendo a linguaxe de programación Python, un dos libros que emprego falaba do enderezo https://launchpad.net como fonte para os paquetes Python sobre Ubuntu. Foi desa maneira como chegei ate o lugar. Sigo cursos de Python en inglés e portugués polo cal estou aprendendo tres linguaxes ao mesmo tempo.Gustaríame facer as probas de traducción para ver si teño o nivel suficiente para integrarme no proxecto, o meu obxetivo e afirmar coñecementos de inglés na terminoloxía informática. Se non tivera o nivel suficiente para acceder ao proxecto non suporía para min ningún trauma, estou na procura de aprendizaxe. Un saúdo.
-- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
