Ola a todos: Chámome Edmundo Granja Domínguez pero todo o mundo me chama Mundi. O meu alcume na rede (e no Launchpad) é "mundigranja".
Levo un tempo subscrito na lista de correo pero non foi ata hoxe que decidín presentarme. Teño feito algunha tradución no Launchpad, cadeas soltas, pero agora mesmo dispoño de moito tempo libre polo que penso que en algo podo axudar. Na páxina do "Ubuntu Galician Translators" [1] menciona que : "É necesario que mostres as túas habilidades como tradutor/a [...] Para iso realiza unha cantidade razoable de traducións (unhas 100 cadeas polo menos)." Así que se me decides algún aplicativo polo que comezar e demostrar a miña valía ;-) estou disposto. Grazas pola atención. -- Mundi Granja [1] https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
