On jue 30 may 2013 20:44:59 CEST, Anton Meixome wrote:
2013/5/29 Luz <[email protected]>:
Bo día,
Chámome Luz, son filóloga e levo tempo querendo colaborar na localización
de software libre, mais non me decidín a dar o paso até hai pouco. Estiven
traballando nas cadeas que quedaban por traducir de
wget<https://translations.launchpad.net/ubuntu/raring/+source/wget/+pots/wget/gl/+translate>e,
se considerades que cumpro os requisitos, gustaríame formar parte do
Ubuntu Galician Translators e colaborar na medida do posíbel nas tarefas de
tradución :)
Fico á espera da vosa resposta.
Un saúdo
--
Luz
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
Fixen unha revisión da tradución realizada por Luz e considero que é
unha excelente candidata para formar parte oficialmente do UGT.
Agardo que os administradores (Fran Diéguez e Miguel Bouzada) poidan
darlle unha resposta canto antes para que así as traducións que vai
facendo (en pouco tempo está acumulando un karma 6000).
Son consciente de que Miguel Bouzada pediu o relevo desta
responsabilidade. A ver se entre os novos membros e co apoio de Felipe
Xil (antigo coordinador) se pode retomar a actualización da
administración do grupo.
@ Luz,
Fixeches a petición nesta ligazón, para que lles apareza aos
administradores do equipo a túa conta como pendente de activación
https://launchpad.net/~lp-l10n-gl/+join
É que non te vexo e penso que é un fallo do sistema Launchpad. Cando
alguén solicita unirse ao grupo, a lista de correo debería recibir un
correo pero son cousas independentes (a lista e a plataforma
launchpad). Por iso no UGT constan 25 membros pendentes de entrar
mentres que na lista apenas hai presentacións de novos membros.
Polo momento non chegou ningunha solicitude de unión ao equipo.
Sen dúbida, e grazas aos apoios que lle dades, Luz formará parte do equipo.
Luz, en canto formes parte e en canto vaias rematando a traducións de
módulos informes nesta rolda. Xa que algúns dos módulos forman parte
doutros proxectos.
Desta forma nós poderemos coller ditas traducións e envialas onde
corresponda, así desta forma todas as distribucións de Linux contarán
con ditas traducións.
Saúdos e grazas pola axuda.
--
Fran Dieguez
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl