2013/5/29 Luz <[email protected]>: > Bo día, > Chámome Luz, son filóloga e levo tempo querendo colaborar na localización > de software libre, mais non me decidín a dar o paso até hai pouco. Estiven > traballando nas cadeas que quedaban por traducir de > wget<https://translations.launchpad.net/ubuntu/raring/+source/wget/+pots/wget/gl/+translate>e, > se considerades que cumpro os requisitos, gustaríame formar parte do > Ubuntu Galician Translators e colaborar na medida do posíbel nas tarefas de > tradución :) > Fico á espera da vosa resposta. > Un saúdo > -- > Luz > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
Fixen unha revisión da tradución realizada por Luz e considero que é unha excelente candidata para formar parte oficialmente do UGT. Agardo que os administradores (Fran Diéguez e Miguel Bouzada) poidan darlle unha resposta canto antes para que así as traducións que vai facendo (en pouco tempo está acumulando un karma 6000). Son consciente de que Miguel Bouzada pediu o relevo desta responsabilidade. A ver se entre os novos membros e co apoio de Felipe Xil (antigo coordinador) se pode retomar a actualización da administración do grupo. @ Luz, Fixeches a petición nesta ligazón, para que lles apareza aos administradores do equipo a túa conta como pendente de activación https://launchpad.net/~lp-l10n-gl/+join É que non te vexo e penso que é un fallo do sistema Launchpad. Cando alguén solicita unirse ao grupo, a lista de correo debería recibir un correo pero son cousas independentes (a lista e a plataforma launchpad). Por iso no UGT constan 25 membros pendentes de entrar mentres que na lista apenas hai presentacións de novos membros. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
