Ola Mundi,

Sexas moi benvido. Necesitamos xente con tempo de boas mañas, si.
Recoméndoche que leas, se non o fixeches nunca a Guía de localización
de Mancomún, e que utilices algùn dos sistemas de consultas que
adoitamos consultar todos

- https://forxa.mancomun.org/projects/gls/
- http://open-tran.eu/
- Corpus de Mancomun  http://corpus.mancomun.org/xestermos.php
- http://www.wordreference.com/

E por suposto, a lista de correo de Trasno e esta mesma, por suposto.
Así será moito máis fácil que fagas traducións consistentes e
coherentes co estilo que adoptou o equipo

Good job!


2010/2/28 Miguel Bouzada <[email protected]>:
> 2010/2/28 Mundi <[email protected]>
>
>> Ola a todos:
>>
>> Chámome Edmundo Granja Domínguez pero todo o mundo me chama Mundi. O meu
>> alcume na rede (e no Launchpad) é "mundigranja".
>>
>> Levo un tempo subscrito na lista de correo pero non foi ata hoxe que
>> decidín presentarme. Teño feito algunha tradución no Launchpad, cadeas
>> soltas, pero agora mesmo dispoño de moito tempo libre polo que penso que
>> en algo podo axudar.
>>
>> Na páxina do "Ubuntu Galician Translators" [1] menciona que :
>>
>> "É necesario que mostres as túas habilidades como tradutor/a [...] Para
>> iso realiza unha cantidade razoable de traducións (unhas 100 cadeas polo
>> menos)."
>>
>> Así que se me decides algún aplicativo polo que comezar e demostrar a
>> miña valía ;-) estou disposto.
>>
>> Grazas pola atención.
>>
>> --
>> Mundi Granja
>>
>
> Antes que nada, benvido...
>
> Ocorreseme que fagas un aplicativo completo, elixín un que non ten especial
> complicación e que ten baixa prioridade, co que temos tempo para velo en
> detalle e ademáis só ten 76 liñas.
> https://translations.launchpad.net/ubuntu/lucid/+source/libelf/+pots/libelf/gl/+translate
> avisanos cando o teñas listo para revisión.
>
> Calqueira dúbida de launcpad/ubuntu consultaa aquí, se é de terminoloxía ou
> dúbidas tecnicas, mellor que empregues a lista de de Trasno (trasno.net)
> encabezando no Asunto: [Terminoloxía] "este_termo", ou [Dúbidas]
> "termo_dúbida" segundo sexa.
>
>
>>
>>
>> [1] 
>> https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl<https://launchpad.net/%7Eubuntu-l10n-gl>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> [email protected]
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> [email protected]
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a