Ola a todos! Son Pablo, e como suporedes son novo por aquí. Son teleco e, malia que por diversas razóns levaba varios anos case sen utilizar linux, hai un tempo volvín a este mundo da man de Ubuntu. E como parte desta "volta" propúxenme colaborar na localización de software ao galego, algo que tamén comezara hai moito tempo pero que tamén deixara aparcado. E foi aí, consultando en sitios como Mancomún (RIP) cando descubrín este grupo de localización de Ubuntu e decidín pasar á acción comezando por aquí. Así que aquí estou, preparado para comezar a colaborar. E como son novo, agradezo propostas de por onde comezar...
Un saúdo! Pablo. = -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
