On 23/11/2009, at 12:51, [email protected] wrote:
>
> Ola a todos!
> Son Pablo, e como suporedes son novo por aquí. Son teleco e, malia que por
> diversas razóns levaba varios anos case sen utilizar linux, hai un tempo
> volvín a este mundo da man de Ubuntu. E como parte desta "volta" propúxenme
> colaborar na localización de software ao galego, algo que tamén comezara hai
> moito tempo pero que tamén deixara aparcado. E foi aí, consultando en sitios
> como Mancomún (RIP) cando descubrín este grupo de localización de Ubuntu e
> decidín pasar á acción comezando por aquí. Así que aquí estou, preparado para
> comezar a colaborar. E como son novo, agradezo propostas de por onde
> comezar...
>
> Un saúdo!
> Pablo.
Benvido Pablo!
Vexo que Fran lle estivo dando duro á Wiki do grupo [1]. Unha das cousas que
tamén podes facer é ver se o seu contido e a organización che aclara as cousas,
e no caso contrario preguntar o que non entendas ou propoñer melloras (para
conseguir que a Wiki sexa amigable cos novos membros).
Un saúdo.
Felipe.
[1] https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl