Si, é o lóxico, jeje (eu adoito exportar LANG, que é máis fácil de escribir, jejeje - aínda que supoño que podería dar problemas con formato de datas ou así... hummm - ). Neste caso foi probando o "atopa.sh" que mandara a estas listas hai un tempo. Como fora unha versión "cutre", como "proba de concepto", ía bastante "chapucera". Pero vaia, que o feito de que falle algún script era o de menos na anterior mensaxe.
Algunha opinión sobre se parece ben a frase proposta? Outras cousas que fun cambiando na tradución de grep (intentei non cambiar máis que as cousas que vin necesarias): ----------------------------------------- Sen FICHEIRO, ou ao ser o FICHEIRO -, de lectura para a entrada estándar. Se se dá en menos de dous FICHEIROS, asúmese -h. O status da saída é 0 se algunha for seleccionada, 1 noutros casos; de se producir un erro e que non se der -q , o status da saída é 2. pasou a ser: Se non se especifica FICHEIRO, ou cando FICHEIRO sexa "-", lerase a entrada estándar. Se se especifican menos de dous FICHEIROs, asúmese -h. O estado de saída será 0 se algunha liña for seleccionada, 1 noutros casos; de se producir un erro e se non se especificou -q , o estado de saída será 2. ------ (sei que o de FICHEIROs -nótese a distinta capitalización- dista de ser normal, pero paréceme fundamental para que se saiba que nos referimos ao parámetro "FICHEIRO" - o orixinal era "FILEs" - . Se é "moi incorrecto", cambiareino outra vez e listo) --------------------------- Mandar informe de erros a: %s pasou a ser: Mande os informes de erros a: %s ------------------------- ill-formed significa "not grammatical; not conforming to the rules of grammar or accepted usage". Aínda non sei como traducilo, pero seguramente quedará algo como "incorrecto" ------------------------ Hai varias frases do tipo "Unmatched [ or [^". Traduciuse match nelas como se fose o significado "coincidir", pero penso que neste caso o significado é o de "non emparellado" (vou poñer "desemparellado"). En debian aínda está así: jcha...@amilo:~$ grep '[asdf' * grep: [ ou [^ sen parella jcha...@amilo:~$ LANG=C;grep '[asdf' * grep: Unmatched [ or [^ ---------------------------------------- Evidentemente, estou a mandar estas cousas porque entendo que se pode tratar dun programa bastante delicado, e ao mellor algún de vos quere opinar, se ve algo incorrecto, ou calquera cousa. Comento tamén que atopei algunhas cousas "discutibles" (illegal -> inaceptábel, p.ex., e así), pero que non eran tampouco incorrectas, así que respecteinas como estaban. Se alguén quere botarlle outro ollo, son só 80 cadeas... 2009/10/25 Fran Dieguez <[email protected]> > > -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- > Hash: SHA1 > > Sorry > > export LC_ALL="C" > > - -- > Fran Diéguez > http://www.mabishu.com - [email protected] > GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 > > > -----BEGIN PGP SIGNATURE----- > Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) > Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org > > iEYEARECAAYFAkrkzgUACgkQmLtmJqKk+bi1hACfftaeXVhjVhLDDVzUcEbfbzJy > lokAn2LlJt5dzQMTX31JiLncTLZ1S79p > =tMlT > -----END PGP SIGNATURE----- > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl -- Saúde, Chaves - http://chav.es -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
