Boas: Como traducir «slider», referido ó control? https://en.wikipedia.org/wiki/Slider_(computing)
Buscando nas memorias atopei o seguinte: Gnome deslizador/deslizante (a RAG marca este uso como incorrecto e remite a escorregar) desprazadores desprazábel Kde deslizante (isto está marcado polo RAG como incorrecto e remite a escorregar) zoom slider: barra de ampliación controles barra desprazadores deslizadores barra deslizante Xfce barra deslizante Relacionado con isto está a scrollbar a cal se ven traducindo como barra de desprazamento (aquí hai consenso nos distintos proxectos). Como proposta ocórreseme control/barra escorregante ou «escorregador» a secas referido a control escorregador. ou tamén «escorregante» referido a control/barra (nin escorregante nin escorregador están no dicionario mais se non me erro responden axeitadamente as regras de formación de palabras propias do galego) Escorregador viría a ser a tradución máis literal de slider Algunha opción/alternativa? -- Dani - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=5158&h=f4fb64093b21f5cf318b8b64da491f7a8a7ae8a8&sa=499771336