Ola, Moi interesantes reflexións no fío pero lembrade que a terminoloxía non só se emprega nas traducións das interfaces senón que tamén é necesaria para a documentación, manuais, etc. Por iso pola miña parte agradécese moito a precisión de conceptos que fai aquí Román e estou totalmente de acordo coa súa reflexión sobre a conveniencia de traducir. En relación con este campo tamén se teñen feito xa hai moito tempo traducións de software de CVS e Subversion. Creo lembrar que a forxa de Mancomún estaba traducida e algún máis.
Para avanzar, xa que Marcos está na tarefa da tradución, propoño que remate a tradución asumindo os termos que a día de hoxe son estándares, por cohesión, e non teñen por que poñerse en cuestión. Refírome a cousas como File→Ficheiro, as cousas de estilo, etc, é dicir os consensos. Con respecto aos termos específicos pediría que fagas unha tradución con terminoloxía coherente (escollendo unha opción para cada termo e manténdoa sempre). Con iso xa te fas automaticamente cunha lista de termos que logo podemos reconsiderar/acordar por aquí. Moitas veces é necesario chegar ao final dunha tradución para ver todas as circunstancias e poder escoller a mellor solución. Nunha segunda volta rápida (no proceso de revisión, distinto do de tradución) harmonízase todo e avanzamos notablemente. Que vos parece? E por certo, "perante" é unha preposición, non un adverbio de lugar, un arcaismo xurídico que só significa máis ou menos "comparecer diante dunha persoa con autoridade". O que se quere dicir mellor con: por diante de, dediante de, en diante de, adiante de, adiantado a, ... Un saúdo, Antón Méixome O 20:16 do 22 de febreiro de 2018, Román <roman.pena.pe...@gmail.com> escribiu: > Boas! > > En primeiro lugar, gustaríame comezar cunha reflexión: a tradución > desta aplicación (Ou era «aplicativo»? Aparentemente, a RAG segue sen > admitir o termo...) ten máis importancia da que poida parecer > inicialmente. Neste eido -a xestión de repositorios de código-, a > terminoloxía aínda non está, nin moito menos, afianzada. > A menos que exista, neste ámbito do desenvolvemento de software, un > precedente importante (Mercurial, SVN, CVS...) que eu descoñeza e que > xa sentara cátedra ao respecto (cousa que dubido, en base a miña > impresión persoal da absoluta falta de consenso, ou, mellor dito, do > único consenso práctico imperante: empregar os termos ingleses sen > traducir), o certo é que poden pasar dúas cousas, dada a > transcendencia de «git»: ou ben asentamos definitivamente a > terminoloxía para esta rama da enxeñaría de software, ou ben > provocaremos o rexeitamento frontal dos usuarios. En ambos casos, a > responsabilidade será grande. > > Dito isto, ignoro cales son os convenios que xa poda haber > establecidos ao respecto, pero dado que uso profesionalmente este > software numerosas veces ao día e me toca bastante o tema, e tendo en > conta a reflexión do parágrafo anterior, voume animar a ofrecer as > miñas propostas por se algunha delas vos parece máis axeitada que as > vistas ata o de agora. > Admito que máis de unha é algo «creativa», pero neste momento no que, > como xa tratei de resaltar, deberiamos considerar con moito detemento > o vocabulario a empregar, opino que nalgún caso sería desexable buscar > unha opción máis descritiva da acción ou concepto correspondente, na > nosa lingua, que a mera tradución dos termos ingleses. > > Sen máis, velaquí as tedes: > > * commit: Persoalmente, opino que algo do estilo de «consolidar» ou > «consumar» (ou se cadra, incluso, «rexistrar») reflicte, mellor que > «(a)cometer», a natureza desta acción. En español usan «hacer un > commit» (e familia: «hacer un merge», «hacer push», etc. -como vedes, > non traducir os termos non é unha exclusiva nosa-). En portugués > empregan «submeter» (que poderíamos traducir como «someter», aínda que > nun senso que é bastante pouco habitual en galego, polo que daría pé a > confusión). O «enviar» que se comentou antes paréceme desaconsellable, > xa que se asemella moito máis ao concepto detrás do termo «push» que > ao de «commit». > > * merge: «Fusionar» ou «integrar» (esta última é a escollida polos > lusos) son máis que adecuadas, nada que inventar aquí. > > * fetch: «Apañar», «descargar». Gústame un pouco menos «recuperar». > (Nota: consiste en descargar os posibles cambios que sucederan na > orixe, dende a última sincronización con esta, pero sen integralos co > código local nin facer nada con eles, excepto deixalos gardados na > caché, a espera; o previsible paso seguinte sería un «merge», para > incorporar eses cambios na nosa copia local, aínda que iso dependerá > de se fixemos moitas modificacións locais que diverxeran das feitas no > repositorio remoto e que, polo tanto, requiran unha resolución manual > ou outro tipo de accións) > > * pull: «Traer», «atraer», «absorber». Pola contra, «tirar» non me > parece nada afortunado. > (Nota: un «pull», [i]grosso modo[/i], sería un «fetch» seguido dun > «merge» inmediatamente a continuación) > > * push: Ademáis do evidente «empuxar / empurrar», que non é demasiado > descritivo na nosa lingua, tamén serían interesantes «impeler» ou, > cambiando un pouco o concepto, «alzar», «elevar», ¿«upar»?... trátase > de mandar os cambios locais consolidados na nosa copia do repositorio > cara a orixe / repositorio / fonte remota. > > * hook: As devanditas «enlace» ou «vínculo» parécenme ben, pero para > diferencialo doutros usos destes termos vou mencionar «enganche». É > unha execución programada, unha acción que se configura para ser > disparada cada vez que ocorra un evento determinado. Por exemplo, > podemos instalar un «hook» para que se execute un «script» (isto > traducíase como «guión»?) xusto antes (ou xusto despois) de facer un > pull (ou un merge, un commit...) O concepto non é exclusivo de «git», > pode que xa haxa consenso ao respecto nesta comunidade. > > * branch: «Póla» ou «rama» son axeitadas («bifurcación» podería > chegar a ser válida, pero non paga a pena reinventar a roda neste > concepto) > > * diff: Vou deixar caer «cotexo / cotexar» e «colación». > > * status: Supoño que xa haberá un consenso estendido, no eido do > «git» non se utiliza de diferente forma que en calquera outra > aplicación, así que «estado», «condición» ou «situación» parecen as > máis axeitadas. > > * reset: Probablemente tamén haberá consenso... pero nalgúns casos, > no contexto de «git», pode ser interesante ter en mente «rebobinar». > > * checkout: Mmmm, os franceses usan «extraire» («extraer»). Non me > termina de convencer, pero é o mesmo termo que pensara eu, e non se me > ocorre nada mellor. Aquí non foron de axuda as traducións española e > portuguesa. > > * cherry-pick: Ou ben un termo directo, pero probablemente pouco > claro, coma «petiscar», ou quizáis «beliscar», ou ben algo máis > explícito, coma «escolla selectiva». > > * staged: Mmmm, esta é bastante complicada (para mostra, un botón: > https://softwareengineering.stackexchange.com/questions/ > 119782/what-does-stage-mean-in-git > ). > É o estado que acadan os ficheiros cando só se lles fai a primeira > metade dun «commit» (técnicamente, o «commit» non abarca toda a > acción, só sería a segunda metade, pero vou obviar ese feito). > Se usamos a metáfora de «commit» = «cargar un barco», «stage the > changes» sería meter a mercadoría (os últimos cambios realizados nos > ficheiros) nun contedor, pero deixala aínda sen subir ao barco, por se > acaso queremos facer un control aduaneiro, ou agardar a ter máis carga > dispoñible -que, pola razón que sexa, ten sentido meter nese mesmo > contedor-. É o que se consegue coa orde «git add [...]». Os franceses > usan «indexar / indexado», dado que ao «contedor» se lle chama > «índice». Os portugueses «preparar / preparado», pero cun par de > excepcións. En castelán, unha vez máis, deixan o termo sen traducir. > Non teño claro que suxerir. > > * log: «Rexistro», «bitácora». Nada fora do usual. > > * blame: «Inculpar» ou «responsabilizar» sería a tradución, e non > vexo por que non usala (permite revisar que usuario foi o que fixo > certos cambios). > > * «Not supported»: Dependería do caso; tería que ver realmente onde > se emprega, pero pode que nalgunha ocasión «sen soporte» fose máis > axeitado ca «non está admitido». > > * clone: «Clonar» non ofrece dúbidas. > * add: «Engadir», sen máis. > * amend: «Emendar», nada novo. > > Por certo, no caso deste programa, traducir «ahead» por «perante» > sería totalmente incorrecto, xa que se refire a «estar nun punto máis > adiantado», en contraposición a «behind». > > > Saúdos a todos, > > Román > > > 2018-02-22 10:04 GMT+01:00 Dani <d...@damufo.com>: > > Persoalmente véxo a lista ben. > > Tamén o de commit -> acometer > > > > > > Dani > > > > > > On 22/02/18 09:15, Miguel Bouzada wrote: > >> > >> segundo o Jordi Mas, en galego viría a ser: > >> > >> Anglès | Català | Galego > >> # -----------------+--------------------------------- > >> # ahead | davant per | perante / diante de /ante > >> # amend | esmenar | emendar > >> # broken | malmès | estragado > >> # delta | diferència | diferencia > >> # deprecated | en desús | obsoleto / en desuso > >> # dry | simulació | simulación > >> # fatal | fatal | fatal > >> # hook | lligam | vínculo > >> # hunk | tros | anaco > >> # not supported | no està admès | non está admitido > >> # repository | dipòsit | repositorio > >> # setting | paràmetre | parámetro > >> # skip | ometre | omitir > >> # squelch | silenciar | silenciar > >> # token | testimoni | testemuña > >> # unset | desassignar | desasignar > >> > >> O 08:54 do 22 de febreiro de 2018, Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com> > >> escribiu: > >> > >>> Pois a min non me desagrada, pensemos que en catalán o «cometre» non > >>> corresponde co noso «cometer», senón co noso «acometer» e que a RAG > >>> define > >>> (na 3ª acepción) como: *Intentar levar a cabo*. Acometeron o negocio > sen > >>> saber os perigos aos que se expuñan. > >>> > >>> O 21:55 do 21 de febreiro de 2018, Dani <d...@damufo.com> escribiu: > >>> > >>>> Boas: > >>>> > >>>> Chámame a atención a tradución de commit (no catalá) =-O > >>>> > >>>> Dani > >>>> > >>>> > >>>> On 21/02/18 20:03, Leandro Regueiro wrote: > >>>> > >>>>> Ola, > >>>>> Debo dicir que me gusta a aproximación dos cataláns (a terminoloxía > na > >>>>> cabeceira do propio PO): > >>>>> https://github.com/git/git/blob/master/po/ca.po#L6-L45 > >>>>> > >>>>> > >>>>> Saúdos > >>>>> > >>>>> 2018-02-21 19:58 GMT+01:00 Leandro Regueiro < > leandro.regue...@gmail.com > >>>>>> > >>>>>> : > >>>>>> Ola, > >>>>>> para o tema da terminoloxía algo hai en: > >>>>>> > >>>>>> http://termos.trasno.gal/ > >>>>>> > >>>>>> > >>>>>> Ademais quizais poidades tirar proveito das memorias de tradución de > >>>>>> Netbeans (hai dúas) que se non lembro mal tiña moitos termos deste > >>>>>> estilo: > >>>>>> > >>>>>> http://trasno.gal/memorias-de-traducion/ > >>>>>> > >>>>>> > >>>>>> Saúdos > >>>>>> > >>>>>> 2018-02-21 18:27 GMT+01:00 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>: > >>>>>> > >>>>>>> Ola. > >>>>>>> > >>>>>>> Concordo co exposto por Dani. Tanto no que se refire o feito de se > >>>>>>> paga a > >>>>>>> pena de traducilo ou non como no que se refira á terminooxía. > >>>>>>> > >>>>>>> Vexo que na tradución actual non se seguen os acordos trasnegos > ... > >>>>>>> > >>>>>>> hint: %.*s → axuda: %.*s (consello, help → axuda]) > >>>>>>> > >>>>>>> file por arquivo no canto de por ficheiro > >>>>>>> > >>>>>>> Usar a forma persoal «ti» no canto do imperativo de 3ª persoa > >>>>>>> > >>>>>>> manter termos en inglés → «Non é posíbel executar cherry-picking > >>>>>>> porque tes > >>>>>>> arquivos sen fusionar.», «Non é posíbel realizar merge porque tes > >>>>>>> arquivos > >>>>>>> sen fusionar.», «Non é posíbel realizar pull porque tes arquivos > sen > >>>>>>> fusionar.» > >>>>>>> > >>>>>>> empregar as comiñas simples inglesas no canto das comiñas latinas → > >>>>>>> Corríxeos na árbore de traballo e emprega 'git add/rm <arquivo>', > >>>>>>> como sexa apropiado, para marcar a resolución e realizar un commit. > >>>>>>> > >>>>>>> erros como «conflicto» (conflito), > >>>>>>> > >>>>>>> Confundir o número (e o til) → Non concluistes a túa fusión (existe > >>>>>>> MERGE_HEAD) > >>>>>>> > >>>>>>> Por favor, faga un commit antes de fusionar. ( O por favor famoso > >>>>>>> :-)) > >>>>>>> > >>>>>>> Transliteración → Saíndo por unha fusión inconclusa. > >>>>>>> > >>>>>>> E aquí todo un pouco mesturado > >>>>>>> Nota: actualizando a árbore de traballo '%s'. > >>>>>>> > >>>>>>> Atópaste en estado 'detached HEAD'. Podes revisar, facer cambios > >>>>>>> experimentais e confirmalos, e podes descartar calquer commit > >>>>>>> feite neste estado sen facer impacto na túa ṕola facendo outro > >>>>>>> checkout. > >>>>>>> > >>>>>>> Se queres crear unha nova póla para manter os commits creados, > >>>>>>> podes facelo (agora ou despois) empregando -b co comando checkout. > >>>>>>> Por exemplo: > >>>>>>> > >>>>>>> git checkout -b <nome-da-nova-póla> > >>>>>>> > >>>>>>> ... todo iso nas 15 primeiras cadeas > >>>>>>> > >>>>>>> > >>>>>>> Paréceme oportuno insistir no que dixo Dani... primeiro acordar > >>>>>>> termos > >>>>>>> e > >>>>>>> estilo, após traducir, aínda que se un usuario de git precisa a > >>>>>>> tradución > >>>>>>> non lle fío moito futuro :-) > >>>>>>> > >>>>>>> O 16:15 do 21 de febreiro de 2018, Dani <d...@damufo.com> > escribiu: > >>>>>>> > >>>>>>> Boas Marcos: > >>>>>>>> > >>>>>>>> Non sei até que punto pode pagar a pena traducir git. > >>>>>>>> > >>>>>>>> > >>>>>>>> En todo caso, na miña opinión habería que comezar por facer un > >>>>>>>> glosario > >>>>>>>> específico onde poñer os termos as súas traducións > >>>>>>>> commit > >>>>>>>> merge > >>>>>>>> branch > >>>>>>>> push > >>>>>>>> pull > >>>>>>>> diff > >>>>>>>> status > >>>>>>>> reset > >>>>>>>> checkout > >>>>>>>> clone > >>>>>>>> init > >>>>>>>> add > >>>>>>>> staged > >>>>>>>> amend > >>>>>>>> ... > >>>>>>>> Aquí hai algo que igual che pode servir. > >>>>>>>> https://listas.mancomun.gal/pipermail/g11n/2009-May/001930.html > >>>>>>>> > >>>>>>>> Aquí tes por exemplo a tradución fixada por trasno para commit-> > >>>>>>>> envío > >>>>>>>> http://termos.trasno.gal/ > >>>>>>>> > >>>>>>>> > >>>>>>>> Eu seguiría as instrucións aquí indicadas > >>>>>>>> https://github.com/git/git/tree/master/po > >>>>>>>> para logo crear o > >>>>>>>> gl.po > >>>>>>>> > >>>>>>>> Para traducir empregaría poedit, virtaal, lokalize ou o que che > sexa > >>>>>>>> máis > >>>>>>>> práctico e ir facendo envíos («commits») coas traducións > >>>>>>>> > >>>>>>>> > >>>>>>>> Dani > >>>>>>>> > >>>>>>>> On 21/02/18 13:24, Marcos Horro Varela wrote: > >>>>>>>> > >>>>>>>> Ola a todos, > >>>>>>>>> > >>>>>>>>> Actualmente estou a traducir o aplicativo git, unha ferramenta > que > >>>>>>>>> serve > >>>>>>>>> como control de versións e que ademais emprégase moito no ámbito > >>>>>>>>> informático. Non coñezo moi ben a dinámica do equipo de > >>>>>>>>> traduccións; > >>>>>>>>> de > >>>>>>>>> feito este é o primeiro correo. Eu o que estou a facer é crear > >>>>>>>>> novas > >>>>>>>>> suxerencias na páxina de translation LaunchPad [1], pero non sei > se > >>>>>>>>> o estou > >>>>>>>>> a facer ben. > >>>>>>>>> Grazas. > >>>>>>>>> > >>>>>>>>> Saúdos, > >>>>>>>>> > >>>>>>>>> [1] https://translations.launchpad.net/ubuntu/bionic/+source/ > >>>>>>>>> git/+pots/git/gl/+translate > >>>>>>>>> > >>>>>>>>> > >>>>>>>> > >>>>>>>> -- > >>>>>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list > >>>>>>>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > >>>>>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > >>>>>>>> > >>>>>>>> > >>>>>>> -- > >>>>>>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > >>>>>>> http://galpon.org > >>>>>>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal > >>>>>>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» > http://minino.galpon.org > >>>>>>> -- > >>>>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list > >>>>>>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > >>>>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > >>>>>>> > >>>> > >>>> > >>>> -- > >>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list > >>>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > >>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > >>>> > >>> > >>> > >>> -- > >>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > >>> http://galpon.org > >>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal > >>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > >>> > >> > >> > > > > > > > > > > -- > > Ubuntu-l10n-gl mailing list > > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl