Boas! En primeiro lugar, gustaríame comezar cunha reflexión: a tradución desta aplicación (Ou era «aplicativo»? Aparentemente, a RAG segue sen admitir o termo...) ten máis importancia da que poida parecer inicialmente. Neste eido -a xestión de repositorios de código-, a terminoloxía aínda non está, nin moito menos, afianzada. A menos que exista, neste ámbito do desenvolvemento de software, un precedente importante (Mercurial, SVN, CVS...) que eu descoñeza e que xa sentara cátedra ao respecto (cousa que dubido, en base a miña impresión persoal da absoluta falta de consenso, ou, mellor dito, do único consenso práctico imperante: empregar os termos ingleses sen traducir), o certo é que poden pasar dúas cousas, dada a transcendencia de «git»: ou ben asentamos definitivamente a terminoloxía para esta rama da enxeñaría de software, ou ben provocaremos o rexeitamento frontal dos usuarios. En ambos casos, a responsabilidade será grande.
Dito isto, ignoro cales son os convenios que xa poda haber establecidos ao respecto, pero dado que uso profesionalmente este software numerosas veces ao día e me toca bastante o tema, e tendo en conta a reflexión do parágrafo anterior, voume animar a ofrecer as miñas propostas por se algunha delas vos parece máis axeitada que as vistas ata o de agora. Admito que máis de unha é algo «creativa», pero neste momento no que, como xa tratei de resaltar, deberiamos considerar con moito detemento o vocabulario a empregar, opino que nalgún caso sería desexable buscar unha opción máis descritiva da acción ou concepto correspondente, na nosa lingua, que a mera tradución dos termos ingleses. Sen máis, velaquí as tedes: * commit: Persoalmente, opino que algo do estilo de «consolidar» ou «consumar» (ou se cadra, incluso, «rexistrar») reflicte, mellor que «(a)cometer», a natureza desta acción. En español usan «hacer un commit» (e familia: «hacer un merge», «hacer push», etc. -como vedes, non traducir os termos non é unha exclusiva nosa-). En portugués empregan «submeter» (que poderíamos traducir como «someter», aínda que nun senso que é bastante pouco habitual en galego, polo que daría pé a confusión). O «enviar» que se comentou antes paréceme desaconsellable, xa que se asemella moito máis ao concepto detrás do termo «push» que ao de «commit». * merge: «Fusionar» ou «integrar» (esta última é a escollida polos lusos) son máis que adecuadas, nada que inventar aquí. * fetch: «Apañar», «descargar». Gústame un pouco menos «recuperar». (Nota: consiste en descargar os posibles cambios que sucederan na orixe, dende a última sincronización con esta, pero sen integralos co código local nin facer nada con eles, excepto deixalos gardados na caché, a espera; o previsible paso seguinte sería un «merge», para incorporar eses cambios na nosa copia local, aínda que iso dependerá de se fixemos moitas modificacións locais que diverxeran das feitas no repositorio remoto e que, polo tanto, requiran unha resolución manual ou outro tipo de accións) * pull: «Traer», «atraer», «absorber». Pola contra, «tirar» non me parece nada afortunado. (Nota: un «pull», [i]grosso modo[/i], sería un «fetch» seguido dun «merge» inmediatamente a continuación) * push: Ademáis do evidente «empuxar / empurrar», que non é demasiado descritivo na nosa lingua, tamén serían interesantes «impeler» ou, cambiando un pouco o concepto, «alzar», «elevar», ¿«upar»?... trátase de mandar os cambios locais consolidados na nosa copia do repositorio cara a orixe / repositorio / fonte remota. * hook: As devanditas «enlace» ou «vínculo» parécenme ben, pero para diferencialo doutros usos destes termos vou mencionar «enganche». É unha execución programada, unha acción que se configura para ser disparada cada vez que ocorra un evento determinado. Por exemplo, podemos instalar un «hook» para que se execute un «script» (isto traducíase como «guión»?) xusto antes (ou xusto despois) de facer un pull (ou un merge, un commit...) O concepto non é exclusivo de «git», pode que xa haxa consenso ao respecto nesta comunidade. * branch: «Póla» ou «rama» son axeitadas («bifurcación» podería chegar a ser válida, pero non paga a pena reinventar a roda neste concepto) * diff: Vou deixar caer «cotexo / cotexar» e «colación». * status: Supoño que xa haberá un consenso estendido, no eido do «git» non se utiliza de diferente forma que en calquera outra aplicación, así que «estado», «condición» ou «situación» parecen as máis axeitadas. * reset: Probablemente tamén haberá consenso... pero nalgúns casos, no contexto de «git», pode ser interesante ter en mente «rebobinar». * checkout: Mmmm, os franceses usan «extraire» («extraer»). Non me termina de convencer, pero é o mesmo termo que pensara eu, e non se me ocorre nada mellor. Aquí non foron de axuda as traducións española e portuguesa. * cherry-pick: Ou ben un termo directo, pero probablemente pouco claro, coma «petiscar», ou quizáis «beliscar», ou ben algo máis explícito, coma «escolla selectiva». * staged: Mmmm, esta é bastante complicada (para mostra, un botón: https://softwareengineering.stackexchange.com/questions/119782/what-does-stage-mean-in-git ). É o estado que acadan os ficheiros cando só se lles fai a primeira metade dun «commit» (técnicamente, o «commit» non abarca toda a acción, só sería a segunda metade, pero vou obviar ese feito). Se usamos a metáfora de «commit» = «cargar un barco», «stage the changes» sería meter a mercadoría (os últimos cambios realizados nos ficheiros) nun contedor, pero deixala aínda sen subir ao barco, por se acaso queremos facer un control aduaneiro, ou agardar a ter máis carga dispoñible -que, pola razón que sexa, ten sentido meter nese mesmo contedor-. É o que se consegue coa orde «git add [...]». Os franceses usan «indexar / indexado», dado que ao «contedor» se lle chama «índice». Os portugueses «preparar / preparado», pero cun par de excepcións. En castelán, unha vez máis, deixan o termo sen traducir. Non teño claro que suxerir. * log: «Rexistro», «bitácora». Nada fora do usual. * blame: «Inculpar» ou «responsabilizar» sería a tradución, e non vexo por que non usala (permite revisar que usuario foi o que fixo certos cambios). * «Not supported»: Dependería do caso; tería que ver realmente onde se emprega, pero pode que nalgunha ocasión «sen soporte» fose máis axeitado ca «non está admitido». * clone: «Clonar» non ofrece dúbidas. * add: «Engadir», sen máis. * amend: «Emendar», nada novo. Por certo, no caso deste programa, traducir «ahead» por «perante» sería totalmente incorrecto, xa que se refire a «estar nun punto máis adiantado», en contraposición a «behind». Saúdos a todos, Román 2018-02-22 10:04 GMT+01:00 Dani <d...@damufo.com>: > Persoalmente véxo a lista ben. > Tamén o de commit -> acometer > > > Dani > > > On 22/02/18 09:15, Miguel Bouzada wrote: >> >> segundo o Jordi Mas, en galego viría a ser: >> >> Anglès | Català | Galego >> # -----------------+--------------------------------- >> # ahead | davant per | perante / diante de /ante >> # amend | esmenar | emendar >> # broken | malmès | estragado >> # delta | diferència | diferencia >> # deprecated | en desús | obsoleto / en desuso >> # dry | simulació | simulación >> # fatal | fatal | fatal >> # hook | lligam | vínculo >> # hunk | tros | anaco >> # not supported | no està admès | non está admitido >> # repository | dipòsit | repositorio >> # setting | paràmetre | parámetro >> # skip | ometre | omitir >> # squelch | silenciar | silenciar >> # token | testimoni | testemuña >> # unset | desassignar | desasignar >> >> O 08:54 do 22 de febreiro de 2018, Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com> >> escribiu: >> >>> Pois a min non me desagrada, pensemos que en catalán o «cometre» non >>> corresponde co noso «cometer», senón co noso «acometer» e que a RAG >>> define >>> (na 3ª acepción) como: *Intentar levar a cabo*. Acometeron o negocio sen >>> saber os perigos aos que se expuñan. >>> >>> O 21:55 do 21 de febreiro de 2018, Dani <d...@damufo.com> escribiu: >>> >>>> Boas: >>>> >>>> Chámame a atención a tradución de commit (no catalá) =-O >>>> >>>> Dani >>>> >>>> >>>> On 21/02/18 20:03, Leandro Regueiro wrote: >>>> >>>>> Ola, >>>>> Debo dicir que me gusta a aproximación dos cataláns (a terminoloxía na >>>>> cabeceira do propio PO): >>>>> https://github.com/git/git/blob/master/po/ca.po#L6-L45 >>>>> >>>>> >>>>> Saúdos >>>>> >>>>> 2018-02-21 19:58 GMT+01:00 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com >>>>>> >>>>>> : >>>>>> Ola, >>>>>> para o tema da terminoloxía algo hai en: >>>>>> >>>>>> http://termos.trasno.gal/ >>>>>> >>>>>> >>>>>> Ademais quizais poidades tirar proveito das memorias de tradución de >>>>>> Netbeans (hai dúas) que se non lembro mal tiña moitos termos deste >>>>>> estilo: >>>>>> >>>>>> http://trasno.gal/memorias-de-traducion/ >>>>>> >>>>>> >>>>>> Saúdos >>>>>> >>>>>> 2018-02-21 18:27 GMT+01:00 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>: >>>>>> >>>>>>> Ola. >>>>>>> >>>>>>> Concordo co exposto por Dani. Tanto no que se refire o feito de se >>>>>>> paga a >>>>>>> pena de traducilo ou non como no que se refira á terminooxía. >>>>>>> >>>>>>> Vexo que na tradución actual non se seguen os acordos trasnegos ... >>>>>>> >>>>>>> hint: %.*s → axuda: %.*s (consello, help → axuda]) >>>>>>> >>>>>>> file por arquivo no canto de por ficheiro >>>>>>> >>>>>>> Usar a forma persoal «ti» no canto do imperativo de 3ª persoa >>>>>>> >>>>>>> manter termos en inglés → «Non é posíbel executar cherry-picking >>>>>>> porque tes >>>>>>> arquivos sen fusionar.», «Non é posíbel realizar merge porque tes >>>>>>> arquivos >>>>>>> sen fusionar.», «Non é posíbel realizar pull porque tes arquivos sen >>>>>>> fusionar.» >>>>>>> >>>>>>> empregar as comiñas simples inglesas no canto das comiñas latinas → >>>>>>> Corríxeos na árbore de traballo e emprega 'git add/rm <arquivo>', >>>>>>> como sexa apropiado, para marcar a resolución e realizar un commit. >>>>>>> >>>>>>> erros como «conflicto» (conflito), >>>>>>> >>>>>>> Confundir o número (e o til) → Non concluistes a túa fusión (existe >>>>>>> MERGE_HEAD) >>>>>>> >>>>>>> Por favor, faga un commit antes de fusionar. ( O por favor famoso >>>>>>> :-)) >>>>>>> >>>>>>> Transliteración → Saíndo por unha fusión inconclusa. >>>>>>> >>>>>>> E aquí todo un pouco mesturado >>>>>>> Nota: actualizando a árbore de traballo '%s'. >>>>>>> >>>>>>> Atópaste en estado 'detached HEAD'. Podes revisar, facer cambios >>>>>>> experimentais e confirmalos, e podes descartar calquer commit >>>>>>> feite neste estado sen facer impacto na túa ṕola facendo outro >>>>>>> checkout. >>>>>>> >>>>>>> Se queres crear unha nova póla para manter os commits creados, >>>>>>> podes facelo (agora ou despois) empregando -b co comando checkout. >>>>>>> Por exemplo: >>>>>>> >>>>>>> git checkout -b <nome-da-nova-póla> >>>>>>> >>>>>>> ... todo iso nas 15 primeiras cadeas >>>>>>> >>>>>>> >>>>>>> Paréceme oportuno insistir no que dixo Dani... primeiro acordar >>>>>>> termos >>>>>>> e >>>>>>> estilo, após traducir, aínda que se un usuario de git precisa a >>>>>>> tradución >>>>>>> non lle fío moito futuro :-) >>>>>>> >>>>>>> O 16:15 do 21 de febreiro de 2018, Dani <d...@damufo.com> escribiu: >>>>>>> >>>>>>> Boas Marcos: >>>>>>>> >>>>>>>> Non sei até que punto pode pagar a pena traducir git. >>>>>>>> >>>>>>>> >>>>>>>> En todo caso, na miña opinión habería que comezar por facer un >>>>>>>> glosario >>>>>>>> específico onde poñer os termos as súas traducións >>>>>>>> commit >>>>>>>> merge >>>>>>>> branch >>>>>>>> push >>>>>>>> pull >>>>>>>> diff >>>>>>>> status >>>>>>>> reset >>>>>>>> checkout >>>>>>>> clone >>>>>>>> init >>>>>>>> add >>>>>>>> staged >>>>>>>> amend >>>>>>>> ... >>>>>>>> Aquí hai algo que igual che pode servir. >>>>>>>> https://listas.mancomun.gal/pipermail/g11n/2009-May/001930.html >>>>>>>> >>>>>>>> Aquí tes por exemplo a tradución fixada por trasno para commit-> >>>>>>>> envío >>>>>>>> http://termos.trasno.gal/ >>>>>>>> >>>>>>>> >>>>>>>> Eu seguiría as instrucións aquí indicadas >>>>>>>> https://github.com/git/git/tree/master/po >>>>>>>> para logo crear o >>>>>>>> gl.po >>>>>>>> >>>>>>>> Para traducir empregaría poedit, virtaal, lokalize ou o que che sexa >>>>>>>> máis >>>>>>>> práctico e ir facendo envíos («commits») coas traducións >>>>>>>> >>>>>>>> >>>>>>>> Dani >>>>>>>> >>>>>>>> On 21/02/18 13:24, Marcos Horro Varela wrote: >>>>>>>> >>>>>>>> Ola a todos, >>>>>>>>> >>>>>>>>> Actualmente estou a traducir o aplicativo git, unha ferramenta que >>>>>>>>> serve >>>>>>>>> como control de versións e que ademais emprégase moito no ámbito >>>>>>>>> informático. Non coñezo moi ben a dinámica do equipo de >>>>>>>>> traduccións; >>>>>>>>> de >>>>>>>>> feito este é o primeiro correo. Eu o que estou a facer é crear >>>>>>>>> novas >>>>>>>>> suxerencias na páxina de translation LaunchPad [1], pero non sei se >>>>>>>>> o estou >>>>>>>>> a facer ben. >>>>>>>>> Grazas. >>>>>>>>> >>>>>>>>> Saúdos, >>>>>>>>> >>>>>>>>> [1] https://translations.launchpad.net/ubuntu/bionic/+source/ >>>>>>>>> git/+pots/git/gl/+translate >>>>>>>>> >>>>>>>>> >>>>>>>> >>>>>>>> -- >>>>>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list >>>>>>>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com >>>>>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >>>>>>>> >>>>>>>> >>>>>>> -- >>>>>>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» >>>>>>> http://galpon.org >>>>>>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal >>>>>>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org >>>>>>> -- >>>>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list >>>>>>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com >>>>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >>>>>>> >>>> >>>> >>>> -- >>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list >>>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com >>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >>>> >>> >>> >>> -- >>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» >>> http://galpon.org >>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal >>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org >>> >> >> > > > > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl