Ola, Debo dicir que me gusta a aproximación dos cataláns (a terminoloxía na cabeceira do propio PO): https://github.com/git/git/blob/master/po/ca.po#L6-L45
Saúdos 2018-02-21 19:58 GMT+01:00 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: > Ola, > para o tema da terminoloxía algo hai en: > > http://termos.trasno.gal/ > > > Ademais quizais poidades tirar proveito das memorias de tradución de > Netbeans (hai dúas) que se non lembro mal tiña moitos termos deste > estilo: > > http://trasno.gal/memorias-de-traducion/ > > > Saúdos > > 2018-02-21 18:27 GMT+01:00 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>: >> Ola. >> >> Concordo co exposto por Dani. Tanto no que se refire o feito de se paga a >> pena de traducilo ou non como no que se refira á terminooxía. >> >> Vexo que na tradución actual non se seguen os acordos trasnegos ... >> >> hint: %.*s → axuda: %.*s (consello, help → axuda]) >> >> file por arquivo no canto de por ficheiro >> >> Usar a forma persoal «ti» no canto do imperativo de 3ª persoa >> >> manter termos en inglés → «Non é posíbel executar cherry-picking porque tes >> arquivos sen fusionar.», «Non é posíbel realizar merge porque tes arquivos >> sen fusionar.», «Non é posíbel realizar pull porque tes arquivos sen >> fusionar.» >> >> empregar as comiñas simples inglesas no canto das comiñas latinas → >> Corríxeos na árbore de traballo e emprega 'git add/rm <arquivo>', >> como sexa apropiado, para marcar a resolución e realizar un commit. >> >> erros como «conflicto» (conflito), >> >> Confundir o número (e o til) → Non concluistes a túa fusión (existe >> MERGE_HEAD) >> >> Por favor, faga un commit antes de fusionar. ( O por favor famoso :-)) >> >> Transliteración → Saíndo por unha fusión inconclusa. >> >> E aquí todo un pouco mesturado >> Nota: actualizando a árbore de traballo '%s'. >> >> Atópaste en estado 'detached HEAD'. Podes revisar, facer cambios >> experimentais e confirmalos, e podes descartar calquer commit >> feite neste estado sen facer impacto na túa ṕola facendo outro >> checkout. >> >> Se queres crear unha nova póla para manter os commits creados, >> podes facelo (agora ou despois) empregando -b co comando checkout. >> Por exemplo: >> >> git checkout -b <nome-da-nova-póla> >> >> ... todo iso nas 15 primeiras cadeas >> >> >> Paréceme oportuno insistir no que dixo Dani... primeiro acordar termos e >> estilo, após traducir, aínda que se un usuario de git precisa a tradución >> non lle fío moito futuro :-) >> >> O 16:15 do 21 de febreiro de 2018, Dani <d...@damufo.com> escribiu: >> >>> Boas Marcos: >>> >>> Non sei até que punto pode pagar a pena traducir git. >>> >>> >>> En todo caso, na miña opinión habería que comezar por facer un glosario >>> específico onde poñer os termos as súas traducións >>> commit >>> merge >>> branch >>> push >>> pull >>> diff >>> status >>> reset >>> checkout >>> clone >>> init >>> add >>> staged >>> amend >>> ... >>> Aquí hai algo que igual che pode servir. >>> https://listas.mancomun.gal/pipermail/g11n/2009-May/001930.html >>> >>> Aquí tes por exemplo a tradución fixada por trasno para commit-> envío >>> http://termos.trasno.gal/ >>> >>> >>> Eu seguiría as instrucións aquí indicadas >>> https://github.com/git/git/tree/master/po >>> para logo crear o >>> gl.po >>> >>> Para traducir empregaría poedit, virtaal, lokalize ou o que che sexa máis >>> práctico e ir facendo envíos («commits») coas traducións >>> >>> >>> Dani >>> >>> On 21/02/18 13:24, Marcos Horro Varela wrote: >>> >>>> Ola a todos, >>>> >>>> Actualmente estou a traducir o aplicativo git, unha ferramenta que serve >>>> como control de versións e que ademais emprégase moito no ámbito >>>> informático. Non coñezo moi ben a dinámica do equipo de traduccións; de >>>> feito este é o primeiro correo. Eu o que estou a facer é crear novas >>>> suxerencias na páxina de translation LaunchPad [1], pero non sei se o estou >>>> a facer ben. >>>> Grazas. >>>> >>>> Saúdos, >>>> >>>> [1] https://translations.launchpad.net/ubuntu/bionic/+source/ >>>> git/+pots/git/gl/+translate >>>> >>> >>> >>> >>> >>> -- >>> Ubuntu-l10n-gl mailing list >>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com >>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >>> >> >> >> >> -- >> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» >> http://galpon.org >> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal >> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org >> -- >> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl