Boas: Igual habería sería bo acompañar o push/pull/commit de algunha definición do significado.
por exemplo, Marce comentaba o 14 de maio do 2009 > «svn commit» é un git push Por iso igual dependendo do contexto o que hai que traducir é o concepto mais que o termo en concreto. Leandro por ese tempo (van aló case 10 anos) definía, se non me erro sobre SVN: > - commit: enviar as modificacións locais ao servidor remoto > - update: traer as modificacións remotas ao local > - merge: unir as modificacións locais e remotas nunha nova versión. Tamén teño curiosidade sobre a tradución de branch/branching, isto penso que é en todos os sofwares de control de versións significa o mesmo rama/ramificar? gaia/bifurcar? hai pouco tiven que traducilos e botei de menos un glosario específico do tema. Outras serían checkout, rebase ... Igual axudaría traducir unha folla de funcións, do estilo desta que por exemplo está traducida a varios idiomas: https://www.git-tower.com/blog/git-cheat-sheet-pt Ou esta: https://services.github.com/on-demand/downloads/github-git-cheat-sheet.pdf Nelas están as definicións das funcións. Dani On 30/11/18 11:54, Adrián Chaves wrote: > Para os push/pull/commit de Git eu adoito usar enviar/obter/remitir. Pero > «pull request» sería máis ben unha «solicitude de integración (de remisións)». > > Estaría ben chegar a un acordo. En KDE hai algún programa con integración con > Git que usa moito deste vocabulario (KDevelop probablemente), e tamén están > Subversion, Mercurial e o vello CVS que en inglés teñen vocabulario distinto > que podería normalizarse en galego. > > Os exemplos que pos, os das «push notifications», non teño claro como > traducilos, aínda que creo que xa os traducín nalgures. Teño unha idea do que > son as «push notification», pero non de como traducilas. Igual cando falemos > de > traducións de cara a usuarios (e non desenvolvedores) poidamos chamalas > «notificacións remotas», «notificacións externas» ou similar. > > O venres, 30 de novembro de 2018 11:24:04 CET Miguel Bouzada escribiu: >> Vai un tempo falouse por aquí de traducir «git» e da súa terminoloxía. >> Alguén fixo algo? >> >> Teño unha serie de cadeas con «push» e non atopo por ningures como >> traducilo. Se alguén traduciu algo e pode indicar algunha solución >> agradézoa. >> >> Push notifications disabled due to dependencies on proprietary Google Play >> services. >> >> No push notifications due to outdated login session. Please consider >> re-adding your account. >> >> Push notifications currently not available. >> >> Show push notifications sent by the server: Mentions in comments, reception >> of new remote shares, announcements posted by an admin etc. > > > > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal > - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL : > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=4128&h=41dcb37830ff08a623c2d2199f19dafc74f4d7c0&sa=231944098 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=4131&h=f1b231c2185da5e47646f3dabf0f9fc039c8f51f&sa=1142815689