Ola,

No Servizo de Normalización Lingüística da USC estamos traballando para 
aproveitar toda a terminoloxía especializada que temos recollida en bUSCatermos 
e ir elaborando con ela "dicionarios personalizados" (dicionarios definidos 
polo usuario) instalables en MS Office e LibreOffice. A nosa idea sería ter 
tres ou catro deses dicionarios (dereito, química e algún outro máis) de cara 
ao último trimestre de 2018.

De momento, estamos xerando as flexións nominais e verbais "a machado", unha 
forma antieconómica pero, polo que vimos, a única que permite MS Office.
O que quería preguntar é se existe algunha forma de integrar as regras de 
hunspell neste tipo de dicionarios, de forma que non haxa que multiplicar as 
formas incluídas para reproducir a flexión verbal. A partir de aquí, son todo 
oídos para escoitar calquera proposta ou idea que se vos ocorra en relación con 
iso (desde a ignorancia máis absoluta sobre a programación do corrector). Ou se 
vedes algunha vía para integrar o corrector e os dicionarios personalizados nun 
único "produto", ou o que se vos pase pola cabeza...

Xusto



- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2220&h=360072317ae6edb241ba9331545a916460f46930&sa=1002854638

Responderlle a