Aínda onte subín varios ficheiros fonte de temáticas específicas que hai
que reducir a listas e incorporar no corrector.

A vía correcta útil para facer o da USC é efectivamente que se sumen como
colaboradores de listas de vocabulario ao proxecto en hunspell-gl.

Ou tamén aquí, como paso previo de material sen codificar

https://github.com/meixome/listas-base

Como o sistema está modularizado, logo poden construír correctores
"personalizados" ou globais a gusto.

Obviamente, supón aceptar a licenza GPL v.3

Teriamos que estudar o de MSOffice, lamentablemente non coñezo ningunha
ferramenta de corrección ortográfica libre que sirva en ambas plataformas
(hunspell e MS), e a limitación de acceso ao código do corrector
ortográfico deles é insalvable.

O truquiño que di Adrián quizais funcione.
En resumo sería: construíde o vocabulario para o corrector coas regras do
libre e, logo, tradúcese mecanicamente para MS.







O 18:34 do 4 de xuño de 2018, Adrian Chaves <adr...@chaves.io> escribiu:

> Como dixo Antón, deixade esa loucura :)
>
> Hai uns anos reestruturamos as fontes do corrector de Hunspell para
> galego, modulariándoo, de xeito que permitise precisamente o que
> queredes, ter varias versións con vocabulario distinto segundo as
> necesidades do usuario. De feito un deses módulos chámase «usc», e
> contén abreviaturas, siglas e símbolos extraídos de documentación da
> USC¹.
>
> A miña recomendación:
> 1. Engadide os módulos que queirades dentro do módulo «usc» do proxecto
> «hunspell-gl».
> 2. Xerade a lista de palabras para Microsoft Word a partir do de
> hunspell-gl.
>
> A documentación sobre como crear módulos de hunspell-gl non está moi
> completa (temos traballo pendente nesta área), pero non debería ser
> complicado, un compañeiro de Trasno que se meteu a colaborar hai nada
> non necesitou máis que unha tarde. Mentres todo o voso vocabulario
> flexione de forma similar a vocabulario do DRAG, non teredes máis que
> copiar e pegar dos módulos existentes e modificar a palabra base. Unha
> mesma palabra con todas as súas flexións adoita requerir unha liña, dous
> no caso dos verbos.
>
> Unha vez creados os módulos, pódense construír variantes do corrector
> con distintas combinacións de módulos. Está descrito de maneira moi
> resumida no ficheiro README.rst². No voso caso sería algo como «scons
> aff=norma,unidades dic=rag,unidades,usc/química» para o de química, por
> exemplo.
>
> O segundo paso, o de xerar a lista de palabras, idealmente podería
> facerse coa ferramenta «unmunch» de hunspell, pero non funciona ben coas
> regras numéricas que usamos no hunspell-gl³. Porén, facer un script en
> Python que fixese o que fai unmunch ben coa fracción da sintaxe de
> hunspell que necesitamos non é unha tarea difícil, e co tempo que ides
> aforrar ao non ter que escribir a man todas as flexións verbais davos de
> sobra para facer isto. Podo afirmalo porque isto mesmo fixérao eu no
> pasado (e acabei eliminando o código por parvo) e tiña pensado facelo de
> novo a longo prazo para lidiar con algunhas das cousas que queremos
> facer en hunspell-gl, como prohibir palabras concretas⁴.
>
> Calquera cousa estamos aquí, especialmente se vos animades a incluír o
> voso traballo no repositorio de hunspell-gl en vez de simplemente
> descargar as fontes como punto de partida e facelo todo pola vosa conta
> :)
>
> —
> ¹ https://github.com/meixome/hunspell-gl/tree/master/src/usc
> ² https://github.com/meixome/hunspell-gl
> ³ https://github.com/hunspell/hunspell/issues/319
> ⁴ https://github.com/meixome/hunspell-gl/issues/226
>
> On 2018-06-04 11:54, RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE wrote:
>
> > Ola,
> >
> > No Servizo de Normalización Lingüística da USC estamos traballando para
> > aproveitar toda a terminoloxía especializada que temos recollida en
> > bUSCatermos e ir elaborando con ela "dicionarios personalizados"
> > (dicionarios definidos polo usuario) instalables en MS Office e
> > LibreOffice. A nosa idea sería ter tres ou catro deses dicionarios
> > (dereito, química e algún outro máis) de cara ao último trimestre de
> > 2018.
> >
> > De momento, estamos xerando as flexións nominais e verbais "a machado",
> > unha forma antieconómica pero, polo que vimos, a única que permite MS
> > Office.
> >
> > O que quería preguntar é se existe algunha forma de integrar as regras
> > de hunspell neste tipo de dicionarios, de forma que non haxa que
> > multiplicar as formas incluídas para reproducir a flexión verbal. A
> > partir de aquí, son todo oídos para escoitar calquera proposta ou idea
> > que se vos ocorra en relación con iso (desde a ignorancia máis absoluta
> > sobre a programación do corrector). Ou se vedes algunha vía para
> > integrar o corrector e os dicionarios personalizados nun único
> > "produto", ou o que se vos pase pola cabeza...
> >
> > Xusto
> >
> > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> > proxecto@trasno.gal
> > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> > Trasno
> > - Cancelar a subscrición  no URL:
> > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2220&h=
> 6918180c09a65e719cc1d2e67f346a8d75464ccb&sa=58187334
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_
> unsubscribe=indeed&m=2227&h=d6d3539402691c68723a82c51bf0f9
> 8a650a2066&sa=418748867
>
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2232&h=a7757bd2078da8bd604e966f4b9d0eac099d91bb&sa=1247845685

Responderlle a