> [C]omo ten que facer o usuario final para cambiar de versión? > Desinstalar a actual e instalar unha nova?
Por desgraza sí. Os correctores de Hunspell van por idioma. O dos módulos é algo noso para permitir que un usuario poida ter maior liberdade á hora de confeccionar o seu corrector de galego, non para poder confeccionar varios e ir cambiando dun a outro sobre a marcha. Aplicacións concretas (e.g. LibreOffice) poderían permitir ese caso de uso, pero non sei de ningunha que o faga. > [E]spero que para xerar os módulos non haxa que saber Python […] e > abonde con ir aplicando as regras que aparecen en > [/]src/norma/xeral.aff Correcto, non fai falla saber Python, só saber aplicar esas regras. E probablemente non necesitedes nin aprender esas regras como tal, podedes buscar palabras do DRAG no módulo /src/rag/gl/correcto.dic que flexionen do mesmo xeito que o léxico que vaiades extraer de bUSCatermos e basearon nelas. Sorprenderíame que necesitásedes novas regras, pero se así fose, non debería ser complicado axudarvos. O de Python (ou calquera outra linguaxe de programación) o propuña como unha forma que teríades para, unha vez engadido todo o léxico que queirades a hunspell-gl, poder xerar de maneira automatizada a lista de palabras flexionadas correspondente a cada distribución do corrector de galego de Hunspell que xeredes, para así poder xerar o corrector equivalente para Microsoft Word sen necesitade de facer traballo a man. Vamos, para escribir un programiña que vos faga a conversión de Hunspell ao que queira que use o Word. Todo isto asumindo que Microsoft Word non é compatíbel con Hunspell, e que para construír un corrector para Word necesitades basicamente a lista enteira das palabras flexionadas. Pero non teño nin idea de se estas dúas afirmacións son certas, asumino en base ao que indicaba a túa mensaxe orixinal, non estou familiarizado co sistema de corrección ortográfica de Word. On 2018-06-05 11:49, RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE wrote: > Ola Adrián e Antón, > > Por empezar respondendo polo doado: polo tema das licenzas e de > traballar en GitHub non debería haber problema ningún. > > Pero a partir de aquí pouco máis teño ca dúbidas e preguntas. Comezo > por unha de concepto: > Fala Adrián de que o corrector permite "ter varias versións con > vocabulario distinto segundo as necesidades do usuario". Entendo que > iso significa que eu podo deseñar e "empaquetar para a distribución" > versións do corrector que sexan, por exemplo 'xeral + dereito', 'xeral > + química', 'xeral + dereito + química', etc. > > Pero pregunto: como ten que facer o usuario final para cambiar de > versión? Desinstalar a actual e instalar unha nova? Ou pode simplemente > ter varias instaladas e 'residentes' e ir activando/desactivando as que > necesite, como se pode facer agora cos dicionarios personalizados? > > Entrando xa en aspectos máis técnicos... Creo que entendo a lóxica que > está detrás da creación dos distintos 'dicionarios' (ou módulos do > corrector): créase un módulo para a terminoloxía de cada un dos > ámbitos temáticos, e despois fanse paquetes á carta combinando da forma > que se queira eses módulos. > Pero espero que para xerar os módulos non haxa que saber Python (porque > non teño nin idea) e abonde con ir aplicando as regras que aparecen en > https://github.com/meixome/hunspell-gl/blob/master/src/norma/xeral.aff. > Se é así, creo que vou precisar algunha axuda para aplicar a sintaxe > das regras ás listas de léxico que extraiamos de bUSCatermos. > > En fin, moitas grazas pola axuda e pola boa colaboración, e seguimos > falando. > > Xusto > > -----Mensaxe orixinal----- > De: Adrian Chaves [mailto:adr...@chaves.io] > Enviado: luns, 04 de xuño de 2018 18:32 > Para: Lista de correo de Proxecto Trasno > RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE > Asunto: Re: [hunspell] Dicionarios personalizados por especialidades > > Como dixo Antón, deixade esa loucura :) > > Hai uns anos reestruturamos as fontes do corrector de Hunspell para > galego, modulariándoo, de xeito que permitise precisamente o que > queredes, ter varias versións con vocabulario distinto segundo as > necesidades do usuario. De feito un deses módulos chámase «usc», e > contén abreviaturas, siglas e símbolos extraídos de documentación da > USC¹. > > A miña recomendación: > 1. Engadide os módulos que queirades dentro do módulo «usc» do proxecto > «hunspell-gl». > 2. Xerade a lista de palabras para Microsoft Word a partir do de > hunspell-gl. > > A documentación sobre como crear módulos de hunspell-gl non está moi > completa (temos traballo pendente nesta área), pero non debería ser > complicado, un compañeiro de Trasno que se meteu a colaborar hai nada > non necesitou máis que unha tarde. Mentres todo o voso vocabulario > flexione de forma similar a vocabulario do DRAG, non teredes máis que > copiar e pegar dos módulos existentes e modificar a palabra base. Unha > mesma palabra con todas as súas flexións adoita requerir unha liña, > dous > no caso dos verbos. > > Unha vez creados os módulos, pódense construír variantes do corrector > con distintas combinacións de módulos. Está descrito de maneira moi > resumida no ficheiro README.rst². No voso caso sería algo como «scons > aff=norma,unidades dic=rag,unidades,usc/química» para o de química, por > exemplo. > > O segundo paso, o de xerar a lista de palabras, idealmente podería > facerse coa ferramenta «unmunch» de hunspell, pero non funciona ben > coas > regras numéricas que usamos no hunspell-gl³. Porén, facer un script en > Python que fixese o que fai unmunch ben coa fracción da sintaxe de > hunspell que necesitamos non é unha tarea difícil, e co tempo que ides > aforrar ao non ter que escribir a man todas as flexións verbais davos > de > sobra para facer isto. Podo afirmalo porque isto mesmo fixérao eu no > pasado (e acabei eliminando o código por parvo) e tiña pensado facelo > de > novo a longo prazo para lidiar con algunhas das cousas que queremos > facer en hunspell-gl, como prohibir palabras concretas⁴. > > Calquera cousa estamos aquí, especialmente se vos animades a incluír o > voso traballo no repositorio de hunspell-gl en vez de simplemente > descargar as fontes como punto de partida e facelo todo pola vosa conta > :) > > -- > ¹ https://github.com/meixome/hunspell-gl/tree/master/src/usc > ² https://github.com/meixome/hunspell-gl > ³ https://github.com/hunspell/hunspell/issues/319 > ⁴ https://github.com/meixome/hunspell-gl/issues/226 > > On 2018-06-04 11:54, RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE wrote: > >> Ola, >> >> No Servizo de Normalización Lingüística da USC estamos traballando >> para >> aproveitar toda a terminoloxía especializada que temos recollida en >> bUSCatermos e ir elaborando con ela "dicionarios personalizados" >> (dicionarios definidos polo usuario) instalables en MS Office e >> LibreOffice. A nosa idea sería ter tres ou catro deses dicionarios >> (dereito, química e algún outro máis) de cara ao último trimestre de >> 2018. >> >> De momento, estamos xerando as flexións nominais e verbais "a >> machado", >> unha forma antieconómica pero, polo que vimos, a única que permite MS >> Office. >> >> O que quería preguntar é se existe algunha forma de integrar as regras >> de hunspell neste tipo de dicionarios, de forma que non haxa que >> multiplicar as formas incluídas para reproducir a flexión verbal. A >> partir de aquí, son todo oídos para escoitar calquera proposta ou idea >> que se vos ocorra en relación con iso (desde a ignorancia máis >> absoluta >> sobre a programación do corrector). Ou se vedes algunha vía para >> integrar o corrector e os dicionarios personalizados nun único >> "produto", ou o que se vos pase pola cabeza... >> >> Xusto >> >> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - >> proxecto@trasno.gal >> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto >> Trasno >> - Cancelar a subscrición no URL: >> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2220&h=6918180c09a65e719cc1d2e67f346a8d75464ccb&sa=58187334 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - > proxecto@trasno.gal > - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL : > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2263&h=72fc7c5378aa726c11613f32a72046fa8d1ce625&sa=777198082 - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2265&h=a74db8ea50d3c1beff008d85a8cb4d7569cdc080&sa=2024211104