Están tolos estes romanistas da USC

Falamos e parade xe flexionar verbos á man

O Lun, 4 xuñ 2018 11:54, RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE <
xusto.rodrig...@usc.es> escribiu:

> Ola,
>
>
>
> No Servizo de Normalización Lingüística da USC estamos traballando para
> aproveitar toda a terminoloxía especializada que temos recollida en
> bUSCatermos e ir elaborando con ela “dicionarios personalizados”
> (dicionarios definidos polo usuario) instalables en MS Office e
> LibreOffice. A nosa idea sería ter tres ou catro deses dicionarios
> (dereito, química e algún outro máis) de cara ao último trimestre de 2018.
>
>
>
> De momento, estamos xerando as flexións nominais e verbais “a machado”,
> unha forma antieconómica pero, polo que vimos, a única que permite MS
> Office.
>
> O que quería preguntar é se existe algunha forma de integrar as regras de
> hunspell neste tipo de dicionarios, de forma que non haxa que multiplicar
> as formas incluídas para reproducir a flexión verbal. A partir de aquí, son
> todo oídos para escoitar calquera proposta ou idea que se vos ocorra en
> relación con iso (desde a ignorancia máis absoluta sobre a programación do
> corrector). Ou se vedes algunha vía para integrar o corrector e os
> dicionarios personalizados nun único “produto”, ou o que se vos pase pola
> cabeza...
>
>
>
> Xusto
>
>
>
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2220&h=6918180c09a65e719cc1d2e67f346a8d75464ccb&sa=58187334
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2223&h=607b95e99fd7645b1b80f78a4c8f963279c154fc&sa=1093979867

Responderlle a