Isto tamén revela un punto fraco: o nivel de tradución individual é máis alto que o desas equipas, mais isto supón que se alguén falla habémolo resentir moito máis.
Cómpre, polo tanto, ampliar o número de tradutores; vexo o traballo "externo" na web cada vez con maior necesidade. Xosé O Mércores 21 Abril 2010 14:57:25 Leandro Regueiro escribiu: > >> Lástima que non teñamos un equipo de publicistas tan eficaz como o de > >> tradución. > > > > Quero dicir... alguén se anima a facer unhas gráficas xeitosas con eses > > datos? > > Quizais sexa debido a isto que obteñamos mellores resultados na > tradución, porque toda a nosa xente se dedica a traballar. Seguro que > en outros grupos teñen xente que se dedica a crear novas, manter webs, > e todo iso que nós non facemos tan ben. Quédame dicir que isto de que > sexamos poucos e se obteñan mellores resultados que por exemplo os > cataláns non é algo novo xa que ven sendo así dende hai unha chea de > anos, incluso dende antes de poñerme eu a traducir. > > O da gráfica sería interesante. E ademais sería outro dato para > documentar a nosa "historia" :) > > En todo caso os meus parabéns a todos os "culpables" :) -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
