>> Lástima que non teñamos un equipo de publicistas tan eficaz como o de
>> tradución.
>
> Quero dicir... alguén se anima a facer unhas gráficas xeitosas con eses datos?

Quizais sexa debido a isto que obteñamos mellores resultados na
tradución, porque toda a nosa xente se dedica a traballar. Seguro que
en outros grupos teñen xente que se dedica a crear novas, manter webs,
e todo iso que nós non facemos tan ben. Quédame dicir que isto de que
sexamos poucos e se obteñan mellores resultados que por exemplo os
cataláns non é algo novo xa que ven sendo así dende hai unha chea de
anos, incluso dende antes de poñerme eu a traducir.

O da gráfica sería interesante. E ademais sería outro dato para
documentar a nosa "historia" :)

En todo caso os meus parabéns a todos os "culpables" :)

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a