Preferir "programa" non é a solución é aí está a cuestión. Non é o
mesmo o uso como palabra coloquial ou común que como termo.

aplicación, aplicativo, programa, instrución, orde, script ... son
palabras relacionadas pero débese delimitar ben o seu uso técnico.

No uso coloquial claro que son sinónimos aplicativo, aplicación e
programa pero no técnico non.

Pego aquí un exemplo que atopei relacionado con aplicación/aplicativo:

"En /CESGA// //Summer School/ mostraranse os usos actuais da
computación e a simulación en supercomputadores en diversas
aplicacións como matemáticas, biomedicina e nanotecnoloxía."

Creo que é evidente que non sempre se pode intercambiar
aplicación/aplicativo/programa. Os sinónimos son intercambiábeis. Por
tanto, son palabras diferentes e considero como de máis calidade
darlle preferencia á máis exacta nas traducións. Por exemplo,
"programa" é unha lista de instrucións para unha máquina, non ten nin
sequera que ser un computador. De feito por algo se di o de "programa
de computador/ordenador" non ?

Distingamos uso coloquial, informal e tradución técnica porque senón
non hai maneira.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a