Ui! Como doe ese "Me parece..." ;-) Fran Dieguez escribiu: > -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- > Hash: SHA1 > > Pois eu estou con Antón. Me parece unha tradución moi axeitada para o > termo en cuestión. A min tamén me vale. > > Marcos García escribiu: >> Non estou dacordo contigo Antón, eu prefiro aplicación, e se hai conflicto, >> pois coma di Leandro, é mellor tirar por "programa". >> Saúdos >> >> 2009/9/30 Leandro Regueiro <[email protected]> >> >>>> *** Respecto ao de "aplicativo/aplicación". Moi en breve... >>>> >>>> - Ambas son correctas >>>> - Estamos a construír unha "terminoloxía informática en galego". >>>> Necesitamos "termos" non só palabras. >>>> - Para avaliar un termo hai que "probalo" mantendo a cohesión da >>>> tradución (por iso se fai en Gnome). >>>> >>>> - Aplicación : acción ou efecto de aplicar algo a algo >>>> - Aplicativo: redución de "software aplicativo" ou programa. >>>> >>>> Así temos un termo (exacto) que nos dá riqueza e desambigüación: >>>> >>>> Exemplos: >>>> >>>> A mellor aplicación do aplicativo Writer é para usos de escritorio. >>>> Esa é unha boa aplicación (un bo uso? / un bo programa? ) >>>> >>>> Sería un caso análogo a PEDIR: pedido, petición, pedimento... cousas >>> distintas >>>> Se cadra percíbese o que quero dicir con máis perspectiva collendo a >>>> explicación francesa (application/aplicatif): >>>> >>>> http://fr.wikipedia.org/wiki/Logiciel_applicatif >>>> >>>> "En informatique, le terme application désigne à la fois l'activité >>>> d'un utilisateur susceptible d'être automatisée et le logiciel qui >>>> automatise cette activité (logiciel applicatif)." >>>> >>>> É dicir, aplicación vale para os dous usos, é xenérico (ás veces >>>> ambigüo); mentres aplicativo é claramente refererido a un "programa". >>>> Pode contrastarse tamén en portugués, e español, etc... >>>> En galego, aínda que os adxectivos rematados en -ivo/a son para >>>> desconfiar, non é ese o caso. E non son eu o primeiro en empregar en >>>> galego esta escolla, e en castelán tampouco, desde logo. >>> Pois eu se tivera que escoller, e sabendo que "aplicación" é >>> problemático tiraria directamente por "programa". Toda a xente o >>> entende, e non soa raro como ti dis. >>> >>> Ata logo, >>> Leandro Regueiro >>> >>> -- >>> Ubuntu-l10n-gl mailing list >>> [email protected] >>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >>> >> >> > > > - -- > Fran Diéguez > http://www.mabishu.com - [email protected] > GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 > > > -----BEGIN PGP SIGNATURE----- > Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) > Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org > > iEYEARECAAYFAkrDkkoACgkQmLtmJqKk+biO6gCfdCF8htfxb9Fv4lrZxOQi5GIX > 6/YAnA61+arnh5jYlYFZQo4wp16SL1rb > =vRfN > -----END PGP SIGNATURE----- >
-- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
