https://github.com/Numbertext/libnumbertext/pull/13
On 2018-05-29 13:21, Adrian Chaves wrote: > Apúntomo para facer. > > On 2018-05-28 19:54, Antón Méixome wrote: > >> @Adrián >> >> Pódeslle botar un ollo a isto... é que a min fáiseme moi duro >> >> https://numbertext.github.io/ >> >> Habería que dar de alta o galego nesa función de numeración >> >> O 19:07 do 28 de maio de 2018, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu: >> >> Queres dicir que funcionaría como >> >> casa cuna (tipo+nome > subs+ adxec) >> moble bar >> >> Iso é lóxico pero non soluciona este caso porque tan adxectivo é "un" como >> "unha" >> >> A RAG dános algo sobre o uso do numeral (cardinal pero significando ordinal): >> >> Que nunha serie ocupa o primeiro lugar. >> >> Abre o libro pola páxina un. >> >> SINÓNIMO primeiro >> >> OBSERVACIÓNS: Repárese en que neste uso tende a aparecer a forma masculina, >> sen concordar >> >> Por tanto, non dá unha regra ríxida senón que indica unha "norma de uso" . >> Deberiamos indicar logo que preferimos >> >> un, dous, tres... sen concordar >> >> Entendo eu. >> >> O 18:44 do 28 de maio de 2018, Adrian Chaves <adr...@chaves.io> escribiu: >> >> Na miña opinión: páxina un, páxina dous. >> >> Falamos de <tipo de elemento> <nome de elemento>, e u número actúa como >> nome, un nome que dá a casualidade de que é un número, e o número chámase >> «dous», non «dúas». En vez de «un» ou «dous» pensa que podería ser A, B, >> Xulián, Rosalía de Castro, etc. >> >> On 2018-05-28 00:34, Antón Méixome wrote: >> >> Surxiume unha dúbida... bastante especial a raíz dunha nova funcionalidade >> de LibreOffice que consiste na posibilidade de numerar os estilos de >> formatado. Hai que determinar o formato: >> >> Book/Part/Chapter/Section/Page/Paragraph One, or simply One (normal usage > >> in English outline numbering) >> >> A pregunta é: Hai que escoller entre >> >> Book 1, Book 2, ... ou simplemente 1, 2 >> >> Page 1, Page 2 ... ou simplemente 1, 2 >> >> Book One, Book Two ... ou simplemente One, Two >> Page One, Page Two... ou simplemente One, Two >> >> Estamos xogando con números cardinais e ordinais. Está claro que de escoller >> utilizar números en inglés, non hai ningún problema para nós (Libro 1) pero >> de utilizar cardinais... pois xórdeme a dúbida. >> >> En galego neutralízase o xénero cando se utiliza como adxectivo o cardinal? >> >> Libro un >> Libro dous >> ... >> >> Non ten fallo, pero >> >> Parte un ou Parte unha? >> >> Parte dous ou Parte dúas? >> Sección dous ou Sección dúas? >> >> ... >> Estrada comarcal 1, Estrada comarcal un (resúltame insólito dicir "unha"), >> tampouco é corrente dicir Estrada comarcal primeira (ou 1ª) >> >> Está claro que no caso dos ordinais non se neutraliza e o adxectivo >> (primeiro, segundo) teñen que seguir o xénero do substantivo. >> >> Parte primeira, Parte segunda >> Parágrafo primeiro, Parágrafo segundo >> >> Este problema só se dá cos adxectivos "un e dous" e as súas abreviacións: >> >> Sección 1 // Sección 1ª, >> >> Capítulo 1 // Capítulo 1º >> >> Alguén que o teña claro? >> >> Fío de orixe: >> >> [LIBREOFFICE-L10N] FIXING NEW SPELL OUT NUMBERING STYLES IN LIBREOFFICE 6.1 >> >> ... >> >> Note: there is a plan to use similar spell out formats in currency and date >> formats of Writer, typical in contracts and invoices in several >> languages. These formats are only supported in Calc yet by the NUMBERTEXT >> Calc extension (or also in Writer macros via the new >> com.sun.star.linguistic2.NumberText >> service). >> >> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal >> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno >> - Cancelar a subscrición no URL: >> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2054&h=e339eb37710ae9cdd2a8a410874455f914e855e5&sa=418416435 > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2060&h=bc64ec61bd88a81f7dd1c539bea332a706f533d5&sa=154013204 - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2101&h=c2a45cffce2a3e390a68edd8b31bc836c654bb62&sa=773154118