@Adrián Pódeslle botar un ollo a isto... é que a min fáiseme moi duro
https://numbertext.github.io/ Habería que dar de alta o galego nesa función de numeración O 19:07 do 28 de maio de 2018, Antón Méixome <[email protected]> escribiu: > > Queres dicir que funcionaría como > > casa cuna (tipo+nome > subs+ adxec) > moble bar > > Iso é lóxico pero non soluciona este caso porque tan adxectivo é "un" como > "unha" > > A RAG dános algo sobre o uso do numeral (cardinal pero significando > ordinal): > > Que nunha serie ocupa o primeiro lugar. > Abre o libro pola páxina un. > SINÓNIMO primeiro <https://academia.gal/dicionario/-/termo/primeiro> > OBSERVACIÓNS: Repárese en que neste uso tende a aparecer a forma > masculina, sen concordar > > > Por tanto, non dá unha regra ríxida senón que indica unha "norma de uso" . > Deberiamos indicar logo que preferimos > > un, dous, tres... sen concordar > > Entendo eu. > > > > > O 18:44 do 28 de maio de 2018, Adrian Chaves <[email protected]> escribiu: > >> Na miña opinión: páxina un, páxina dous. >> >> Falamos de <tipo de elemento> <nome de elemento>, e u número actúa como >> nome, un nome que dá a casualidade de que é un número, e o número chámase >> «dous», non «dúas». En vez de «un» ou «dous» pensa que podería ser A, B, >> Xulián, Rosalía de Castro, etc. >> >> On 2018-05-28 00:34, Antón Méixome wrote: >> >> Surxiume unha dúbida... bastante especial a raíz dunha nova >> funcionalidade de LibreOffice que consiste na posibilidade de numerar os >> estilos de formatado. Hai que determinar o formato: >> >> Book/Part/Chapter/Section/Page/Paragraph One, or simply One (normal >> usage > in English outline numbering) >> >> A pregunta é: Hai que escoller entre >> Book 1, Book 2, ... ou simplemente 1, 2 >> Page 1, Page 2 ... ou simplemente 1, 2 >> Book One, Book Two ... ou simplemente One, Two >> Page One, Page Two... ou simplemente One, Two >> >> Estamos xogando con números cardinais e ordinais. Está claro que de >> escoller utilizar números en inglés, non hai ningún problema para nós >> (Libro 1) pero de utilizar cardinais... pois xórdeme a dúbida. >> En galego neutralízase o xénero cando se utiliza como adxectivo o >> cardinal? >> >> >> Libro un >> Libro dous >> ... >> >> Non ten fallo, pero >> >> Parte un ou Parte unha? >> Parte dous ou Parte dúas? >> Sección dous ou Sección dúas? >> ... >> Estrada comarcal 1, Estrada comarcal un (resúltame insólito dicir >> "unha"), tampouco é corrente dicir Estrada comarcal primeira (ou 1ª) >> >> Está claro que no caso dos ordinais non se neutraliza e o adxectivo >> (primeiro, segundo) teñen que seguir o xénero do substantivo. >> >> Parte primeira, Parte segunda >> Parágrafo primeiro, Parágrafo segundo >> >> >> Este problema só se dá cos adxectivos "un e dous" e as súas >> abreviacións: >> >> Sección 1 // Sección 1ª, >> Capítulo 1 // Capítulo 1º >> >> >> Alguén que o teña claro? >> >> >> >> Fío de orixe: >> >> [libreoffice-l10n] Fixing new spell out numbering styles in LibreOffice >> 6.1 >> >> ... >> Note: there is a plan to use similar spell out formats in currency and >> date >> formats of Writer, typical in contracts and invoices in several >> languages. These formats are only supported in Calc yet by the NUMBERTEXT >> Calc extension (or also in Writer macros via the new >> com.sun.star.linguistic2.NumberText >> service). >> >> >> >> >> >> >> >> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - >> [email protected] >> - Correo do administrador - [email protected] - de - Proxecto >> Trasno >> - Cancelar a subscrición no URL: http://trasno.gal/web?confirm_ >> unsubscribe=indeed&m=2054&h=e339eb37710ae9cdd2a8a410874455f9 >> 14e855e5&sa=418416435 >> > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected] - Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2060&h=9b6a2997a2607195856ded9422db0cc244d9ea2b&sa=693997728
