Surxiume unha dúbida... bastante especial a raíz dunha nova funcionalidade
de LibreOffice que consiste na posibilidade de numerar os estilos de
formatado. Hai que determinar o formato:

Book/Part/Chapter/Section/Page/Paragraph One, or simply One (normal usage >
in English outline numbering)

A pregunta é: Hai que escoller entre
Book 1, Book 2, ... ou simplemente 1, 2
Page 1, Page 2 ... ou simplemente 1, 2
Book One, Book Two ... ou simplemente One, Two
Page One, Page Two... ou simplemente One, Two

Estamos xogando con números cardinais e ordinais. Está claro que de
escoller utilizar números en inglés, non hai ningún problema para nós
(Libro 1) pero de utilizar cardinais... pois xórdeme a dúbida.
En galego neutralízase o xénero cando se utiliza como adxectivo o cardinal?


Libro un
Libro dous
...

Non ten fallo, pero

Parte un    ou Parte unha?
Parte dous  ou Parte dúas?
Sección dous ou Sección dúas?
...
Estrada comarcal 1, Estrada comarcal un (resúltame insólito dicir "unha"),
tampouco é corrente dicir Estrada comarcal primeira (ou 1ª)

Está claro que no caso dos ordinais non se neutraliza e o adxectivo
(primeiro, segundo) teñen que seguir o xénero do substantivo.

Parte primeira, Parte segunda
Parágrafo primeiro, Parágrafo segundo


Este problema só se dá cos adxectivos  "un e dous" e as súas abreviacións:

Sección 1 // Sección 1ª,
Capítulo 1 // Capítulo 1º


Alguén que o teña claro?



Fío de orixe:

[libreoffice-l10n] Fixing new spell out numbering styles in LibreOffice 6.1
...
Note: there is a plan to use similar spell out formats in currency and date
formats of Writer, typical in contracts and invoices in several
languages. These formats are only supported in Calc yet by the NUMBERTEXT
Calc extension (or also in Writer macros via the new
com.sun.star.linguistic2.NumberText
service).

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - [email protected]
- Administrador - [email protected] - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2049&h=2000de8d4e492b909ed0409974ef27353edf3904&sa=100409041

Responderlle a