Nun inicio, hai moito moito tempo, un bundle era unha forma moi concreta de
distribuir o software que se utilizaba, por exemplo, en MacOS (polo menos
no 9 e no X ata o 10.2), e en gobolinux.
A diferenza doutros sistemas de empaquetado un "bundle" non tiña
dependencias outras que o sistema base, e polo tanto podia executarse dun
xeito estritamente autónomo.
Agora que me ven á memoria, en OpenStep había algo igual.
Outra caracteristica era a non necesidade de instalación, dado que a gui
debia interpretar que a orde de acceso a un bundle era estruturalmente
igual á execución dun programa no path.

Fora da nostalxia por tempos nos que tiña máis pelo no curuto da cabeza,
entendo que na maioria dos contextos pode entenderse como sinónimo de
empaquetar/paquete.

O mar, 29 mai, 2018 20:56, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:

>
>
> O 18:39 do 29 de maio de 2018, Adrian Chaves <adr...@chaves.io> escribiu:
>
>> Como dis, hai todo tipo de «bundles», e coido que deberemos adaptar a
>> tradución por concepto, non creo que atopemos un único termo que valga para
>> todos os casos.
>>
>> Eu optaría por «colección» para casos como os dos «indie bundle» e
>> similares, soleccións de xogos ou doutro tipo de cousas (libros, etc.) que
>> se agrupan para vender en «pack».
>>
>> Tamén sei que se lle chama ou chamaba bundle aos paquetes de software
>> que, a diferencia de como se adoita facer en Linux, incluen non só o
>> software correspondente se non tamén unha parte significativa das
>> dependencias necesarias, todas no mesmo paquete, ao estilo dos aplicativos
>> de Mac. Nestes casos, o único que teño claro é que hai que evitar
>> «paquete», pero non sei cómo chamalos, e non descartaría usar «paquete
>> <adxectivo>», pero nin sequera se me ocorre un adxectivo que usar aí.
>>
>> Para os dous casos que mencionas, habería que saber se se trata de algún
>> destes dous casos ou doutro distinto.
>>
>> Sobre «lote», creo que poderíamos ter un pouco de conflicto con «batch».
>> Por exemplo, «bundle batch installation» → «instalación de lotes por lotes»?
>>
>
> Aaah, certamente, esquecíame de batch
>
> e que che parecería "empaquetado" ten ese sentido adxectivo (feixe de
> ficheiros empaquetado).
>
>
>
>> On 2018-05-29 14:09, Antón Méixome wrote:
>>
>>
>> Parece que hai todo tipo de "bundles"...
>>
>> https://en.wikipedia.org/wiki/Bundle
>>
>> *software package* *n* (bundle of files to execute computer program)
>>
>> Chega con traducilo por "lote"?
>>
>> Bundle auto-configured
>> Bundle diagnostics
>>
>> Entendo que tamén anda próximo de "paquete, agrupación, feixe, manda,
>> presa, conxunto ..." pero cal? porque tamén temos pack, set,...
>>
>> Na miña idea un "bundle" non era só software senón un conxunto de
>> software+hardware, un produto/servizo... algo parecido a un "equipo".
>>
>>
>>
>>
>>
>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
>> proxecto@trasno.gal
>> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
>> Trasno
>> - Cancelar a subscrición  no URL:
>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2076&h=ce4d495179efd09a707a4022c1724a64c76cad2a&sa=751606227
>>
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL:
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2082&h=30b92f2823c600841cb77428929811cfceecdb25&sa=1420395256
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2088&h=7f66fe099c4044e9d4bd9f3ec272e15f445f00dc&sa=1311154204

Responderlle a