O 18:39 do 29 de maio de 2018, Adrian Chaves <adr...@chaves.io> escribiu:

> Como dis, hai todo tipo de «bundles», e coido que deberemos adaptar a
> tradución por concepto, non creo que atopemos un único termo que valga para
> todos os casos.
>
> Eu optaría por «colección» para casos como os dos «indie bundle» e
> similares, soleccións de xogos ou doutro tipo de cousas (libros, etc.) que
> se agrupan para vender en «pack».
>
> Tamén sei que se lle chama ou chamaba bundle aos paquetes de software que,
> a diferencia de como se adoita facer en Linux, incluen non só o software
> correspondente se non tamén unha parte significativa das dependencias
> necesarias, todas no mesmo paquete, ao estilo dos aplicativos de Mac.
> Nestes casos, o único que teño claro é que hai que evitar «paquete», pero
> non sei cómo chamalos, e non descartaría usar «paquete <adxectivo>», pero
> nin sequera se me ocorre un adxectivo que usar aí.
>
> Para os dous casos que mencionas, habería que saber se se trata de algún
> destes dous casos ou doutro distinto.
>
> Sobre «lote», creo que poderíamos ter un pouco de conflicto con «batch».
> Por exemplo, «bundle batch installation» → «instalación de lotes por lotes»?
>

Aaah, certamente, esquecíame de batch

e que che parecería "empaquetado" ten ese sentido adxectivo (feixe de
ficheiros empaquetado).



> On 2018-05-29 14:09, Antón Méixome wrote:
>
>
> Parece que hai todo tipo de "bundles"...
>
> https://en.wikipedia.org/wiki/Bundle
>
> *software package* *n* (bundle of files to execute computer program)
>
> Chega con traducilo por "lote"?
>
> Bundle auto-configured
> Bundle diagnostics
>
> Entendo que tamén anda próximo de "paquete, agrupación, feixe, manda,
> presa, conxunto ..." pero cal? porque tamén temos pack, set,...
>
> Na miña idea un "bundle" non era só software senón un conxunto de
> software+hardware, un produto/servizo... algo parecido a un "equipo".
>
>
>
>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: http://trasno.gal/web?confirm_
> unsubscribe=indeed&m=2076&h=ce4d495179efd09a707a4022c1724a
> 64c76cad2a&sa=751606227
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2082&h=dafd4640081d776589565e03583389fd0d304c0c&sa=2036255825

Responderlle a