O 18:39 do 29 de maio de 2018, Adrian Chaves <adr...@chaves.io> escribiu:
> Como dis, hai todo tipo de «bundles», e coido que deberemos adaptar a > tradución por concepto, non creo que atopemos un único termo que valga para > todos os casos. > > Eu optaría por «colección» para casos como os dos «indie bundle» e > similares, soleccións de xogos ou doutro tipo de cousas (libros, etc.) que > se agrupan para vender en «pack». > > Tamén sei que se lle chama ou chamaba bundle aos paquetes de software que, > a diferencia de como se adoita facer en Linux, incluen non só o software > correspondente se non tamén unha parte significativa das dependencias > necesarias, todas no mesmo paquete, ao estilo dos aplicativos de Mac. > Nestes casos, o único que teño claro é que hai que evitar «paquete», pero > non sei cómo chamalos, e non descartaría usar «paquete <adxectivo>», pero > nin sequera se me ocorre un adxectivo que usar aí. > > Para os dous casos que mencionas, habería que saber se se trata de algún > destes dous casos ou doutro distinto. > > Sobre «lote», creo que poderíamos ter un pouco de conflicto con «batch». > Por exemplo, «bundle batch installation» → «instalación de lotes por lotes»? > > On 2018-05-29 14:09, Antón Méixome wrote: > > > Parece que hai todo tipo de "bundles"... > > https://en.wikipedia.org/wiki/Bundle > > *software package* *n* (bundle of files to execute computer program) > > Chega con traducilo por "lote"? > > Bundle auto-configured > Bundle diagnostics > > Entendo que tamén anda próximo de "paquete, agrupación, feixe, manda, > presa, conxunto ..." pero cal? porque tamén temos pack, set,... > > Na miña idea un "bundle" non era só software senón un conxunto de > software+hardware, un produto/servizo... algo parecido a un "equipo". > > > > > Ola, a miña pregunta inicial é se estamos a falar dun verbo ou dun substantivo. Deica - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2079&h=dee6158947f8e1f4ee23b45cd9f9924a14690986&sa=187897358