Como dis, hai todo tipo de «bundles», e coido que deberemos adaptar a tradución por concepto, non creo que atopemos un único termo que valga para todos os casos.
Eu optaría por «colección» para casos como os dos «indie bundle» e similares, soleccións de xogos ou doutro tipo de cousas (libros, etc.) que se agrupan para vender en «pack». Tamén sei que se lle chama ou chamaba bundle aos paquetes de software que, a diferencia de como se adoita facer en Linux, incluen non só o software correspondente se non tamén unha parte significativa das dependencias necesarias, todas no mesmo paquete, ao estilo dos aplicativos de Mac. Nestes casos, o único que teño claro é que hai que evitar «paquete», pero non sei cómo chamalos, e non descartaría usar «paquete <adxectivo>», pero nin sequera se me ocorre un adxectivo que usar aí. Para os dous casos que mencionas, habería que saber se se trata de algún destes dous casos ou doutro distinto. Sobre «lote», creo que poderíamos ter un pouco de conflicto con «batch». Por exemplo, «bundle batch installation» → «instalación de lotes por lotes»? On 2018-05-29 14:09, Antón Méixome wrote: > Parece que hai todo tipo de "bundles"... > > https://en.wikipedia.org/wiki/Bundle > > SOFTWARE PACKAGE _n_ > (bundle of files to execute computer program) > > Chega con traducilo por "lote"? > > Bundle auto-configured > Bundle diagnostics > > Entendo que tamén anda próximo de "paquete, agrupación, feixe, manda, presa, > conxunto ..." pero cal? porque tamén temos pack, set,... > > Na miña idea un "bundle" non era só software senón un conxunto de > software+hardware, un produto/servizo... algo parecido a un "equipo". > > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno > - Cancelar a subscrición no URL: > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2073&h=3840afabad5806ef7e50609524b8a8dcfc908b3b&sa=223058752 - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=2076&h=3be5584ad7492ac647eed6aec6f29a739fe61df9&sa=1601088845