Boas. Eu acabo de empregar o scritp que fixo Fran é a cousa está ahí.
Hai poucos devasa, pero hainas. Tamén hai cortalumes e e firewall. Eu creo que deberíamos buscar un criterio para esto. É importante, xa que non se emprega moito pero non pode aparecer de corenta formas e menos que non coincidamos, xa que no Manual de Ubuntu vai ir e ten que coincidir o que pomos na interface co que vai no manual. A min tocame a moral que a xente estea a traducir no manual e non se o tome en serio. Eu pódome equivocar e pasa bastante xa que o meu nivel de inglés non é moi bo e son novato, pero se encontro a que se refire o manual vou a interface e busco como está traducida esa cadea para que cando alguén o empregue lle coincida e lle sirva de algo. Poño o exemplo de que ou outro día vin que alguén traduciu gateway por pasarela e no networkmanager que é ao que se refire esa cadea no Manual de Ubuntu está traducido como porta de enlace, co que non hai discusión. Hai que seguir ese criterio ou dar aviso e mira de revisar a tradución do Networkmanager, pero non podemos por diferentes conceptos, xa que así o manual non vai a servir de axuda a xente. A min non me importaría traducilo por devasa, eu sonvos un mandadiño e acato e cumpro ao pé da letra. Saúdos. 2010/3/24 Leandro Regueiro <[email protected]>: >> Con respecto ao do Firewall por devasa. Non vou dicir que é a primeira >> vez que o vexo pero sempre emprego firewall. Gustar, gustame máis >> cortalumes, pero seguramente non exista e sexa unha tradución literal >> de cortafuegos do castelán. >> >> Eso si, creo que con este termo pode pasar algo parecido ao que pasa >> con stack, que ao mellor a solución máis idónea e deixalo sen traducir >> polo asentado do termo, xa que se falas dun firewall todo o mundo sabe >> do que se está a falar, e con devasa ao mellor non. > > Home eu nunca vin que ninguén aceptara "cortalumes". Os que teñen algo > de idea do tema sempre dixeron que "devasa", que por outra parte é > algo que nunca vira ata chegar a isto da tradución. Tamén comentei que > polo visto todo quisqui traduce como "cortalumes", unha palabra da que > non atopo referencia ningunha en ningún dicionario. E se non está como > "cortalumes" está sen traducir, pero son a menor parte das traducións. > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
