2010/3/15 Anton Méixome <[email protected]> > Impresionante rapaces. Estamos a menos dun punto porcentual > (exactamente 0,46 %) de ter o mesmo nivel de tradución que o equipo > catalán. En números, pouco máis de 1600 cadeas e iso que non estamos > especialmente centrados nos últimos días en Launchpad > > Catalan tradución consolidada 62.44% sen traducir 124354 > Galician tradución consolidada 54.15% sen traducir 125971 > > Xa sabemos que os cataláns, polo seu sistema de traballo, soben as > traducións no último momento e dan o estirón, pero molaría ver o > galego por riba e facer unha captura de pantalla para a historia (ou > historieta). Quizais sería unha ilustración-aliciente para charlas, > obradoiros, prensa, etc pero polo comentado antes habería que > conseguilo agora. En calquera caso, ninguén nos quita estar de modo > confortable entre os 20 equipos máis completos e con 4 ou 5 tradutores > máis que podamos convocar, poderiamos aspirar incluso a máis. > > @Miguel: poderías poñernos ao día de como van as prioridades? >
Xa están as prioridades ordenadas na páxina de launchpad Veredes que kde está moi destartalado, pero os tradutores de kde non ven ben facer corrección en launchpad :( eu, de cando en vez, reviso algún e completei todo amarok, os tres ou catro ficheiros implicados que enviei a branco, (hai uns dias apareceron cadeas novas e estou con elas) e algunha que outra cousa como os dous de digikam do que xa enviei os .po a branco e despois, xa case rematei o gutenprint (faltanme duas liñas de a folio e medio cada unha :( e sito está co xscreensaver Tamén estou a piques de rematar a revisión "total" de dpkg Ide polo aplicativo 800 (máis ou menos) e de ahí en diante hai cousas pendentes... O outro día falabas do "calibre" e polo que vin meticheste nel... pero hai un tradutor que só traballa en trunk que non precisa revisión e cargouse cousas que tiñas feitas ti (por certo moi bonitas) e machacou o traballo, como tamen machaca o transmission, que eu teño ao 100%, pero que el cambia como lle peta. É o problema de traducir en trunk, creo que non paga a pena, a non ser que sexan proxectos moi especiais... > Saúdos, > > Antón Méixome > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
