Miguel Bouzada escribiu: > 2009/11/9 Leandro Regueiro <[email protected]> > >>>>>>> Ándame dando voltas pola cabeza ultimamente unha idea, que pode soar >> a >>>>>>> tolemia, pero que penso que pode ser interesante tratar. En resumo, >>>>>>> sería deixar de traballar xa en Karmic (salvo correccións de erros e >>>>>>> así), e ir pensando xa en... Lucid? Lucid Lynx, non? >>>>>> Bo comezo >>>>>> >>>>>>> Cousas que apoiarían esta decisión: >>>>>>> - Será unha LTS >>>>>>> - Teremos máis tempo para traballar e organizarnos, e pulir detalles >>>>>>> de homoxeneización, calidade, etc, etc >>>>>> Hurra! >>>>>> >>>>>>> Cousas que poderiamos facer se empezamos canto antes: >>>>>>> - Sacar unha nota en cantos máis sitios mellor, pedindo >> colaboracións, >>>>>>> expoñendo o "plan", e mencionando as vantaxes de empezar canto antes >> e >>>>>>> bla bla bla. Aproveitar mentres exista Mancomún, jejeje >>>>>> Estou de acordo >>>>>> >>>>>>> - Traballar sobre todo no upstream, con tempo de ter en conta as >>>>>>> importacións/conxelacións/como lle chamen a iso. >>>>>> Aleluia non son o único que o dí! >>>>>> >>>>>>> - Organizar "miniequipos": se cadra resulta interesante ter xente que >>>>>>> se ocupe de "aplicativos en consola", "aplicativos multimedia", >>>>>>> "mensaxería". Aínda que fósemos os mesmos en todos os equipos, >>>>>>> poderíamos, eu que sei, dedicarlle unha semana a unha cousa, poñerse >>>>>>> de acordo en termos (falando no mesmo ámbito, sería máis fácil), >>>>>> Moi boa idea JMCS! Coido que o esquema que seguen os de ubuntu con >>>>>> "Ubuntu Bug Squad" que adica unha semana a unha sección en concreto >> para >>>>>> atopar e resolver bugs é moi produtivo. >>>>>> >>>>>> Nese sentido podemos aplicar o mesmo. >>>>>> >>>>>>> Cousas que seguramente resultarían máis complicadas: >>>>>>> - Seguramente habería máis traballo de coordinación. Non é o mesmo >>>>>>> estar pendentes de datas de importacións, traballar no upstream, >>>>>>> sincronizar os "miniequipos (se os houbera)... que coller o que haxa >>>>>>> en Launchpad, e traducilo alí repartindo o traballo "al vuelo"... >>>>>> Como intúo podes saber, en gnome estamos a facer (Viva Méixome) unha >>>>>> revisión completa. Pensamos que debemos priorizar a calidade das >>>>>> traducións fronte á cantidade e por iso non imos comezar coa >>>>>> documentación ata ter este primeiro paso feito. >>>>>> >>>>>>> Total. o de sempre: opinións? estou dicindo unha burrada outra vez? >>>>>>> Comentarios? >>>>>> Totalmente de acordo. Temos que ver primeiro cales son as datas de >>>>>> conxelación de todos os proxectos... GNOME, firefox, etc etc... para >> ir >>>>>> adecuando o noso calendario a ditos fitos. >>>>>> O seguinte paso é crear grupos de traballo, que como ben dis imos >> estar >>>>>> moita xente en varios, e grupos de aplicativos (consola, multimedia, >>>>>> etc) para asignar consecuentemente recursos de persoal a cada sección. >>>>>> >>>>>> Eu o da redacción da nota de prensa non me gustaría levalo, aka se >> podo >>>>>> escaquearme xenial, pola contra mirar un pouco o dos grupos de >>>>>> aplicativos a priorizar e ir estudando a planificación si o podo facer >> e >>>>>> se me pode dar ben. >>>>>> >>>>>> Suxestións? >>>>> Perdodade que faga Top Posting, pero como no vou a replicar a nada do >>>>> dito, xa que concordo con todo, senon que quero engadir. >> Quizais non se debería facer máis. Dificulta un chisco seguir o fío. >> >>>>> Comecei estes días a revisar, liña por liña, palabra por palabra, os >>>>> paquetes actualmente en karmic seguindo a orde de prioridade que >>>>> estabelece Ubuntu. >>>>> Revixei xa: >>>>> bootloader - 76 liñas >>>>> e estou a rematar (faltanme +/- 400) >>>>> debian-instaler - 1596 liñas >>>>> >>>>> Unha vez que remate esta revisión pasareilla a marce para que a suba a >>>>> debian coas modificacións que ten unha respecto da outra. >>>>> >>>>> Aquí é onde está un dos problemas máis grandes nas traducións >> actualmete, >>>>> a falta de consistencia, xa que nesta última atopei o que deu pé ó fío >> que >>>>> abrin resprcto de "Afacer cocido", así como que dentro dese mesmo >>>>> ficheiro se emprega de xeito aleatorio cousas como >>>>> atopar-achar-encontrar >>>>> buscar-procurar-pescudar >>>>> mostrar-amosar >>>>> trocar-cambiar-mudar >>>>> arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña) >>>>> >>>>> Sei que este traballo debe dar pé a determinadas consultas >> lingüisticas, >>>>> así que tocarános "muxir" :-) ben a Antón. >> Moi boa :) Cres que nos dará bo leite? >> >>>>> Outra das cousas que atopei é unha construcción do máis barroco, non >>>>> incorrecto, pero de complexa lectura, utización até o paroxismo de >> formas >>>>> verbais compostas >>>>> LILO ha tomar o control completo >>>>> Para se defender contra isto >>>>> o sistema instalado non se ha iniciar >>>>> Pode ser porque decidiu non o facer >>>>> Cando o ordenador arranque, ha poder iniciar un destes sistemas >>>>> modificar o sector mestre de arranque ha facer que, de xeito temporal >>>>> Ao rematar a instalación, o sistema hase reiniciar. >>>>> Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar >>>>> Esta información hase empregar >>>>> Ha ter que indicar un contrasinal para >>>>> que "root" se conecte hase crear unha conta de usuario que ha ter a >>>>> posibilidade de se facer root >>>>> >>>>> Isto anterior, ainda que correcto, cando forma parte o groso da >>>>> tradución, este emprego de formas con infinitivo desespera a ún >> (alomenos >>>>> a min) e fanse cousas como: >>>>> >>>>> paquetes estándar para o instalar. Este software ten varias licenzas >> que >>>>> poden impedirlle empregalo, modificalo ou compartilo. >>>>> >>>>> o lóxico sería ... para instalalo. Este.... >>>>> >>>>> ou ... impedirlle o empregar, o modificar, ou o compartir >>>>> >>>>> Queda claro que neste caso optouse por ser máis lóxico na frase final >> xa >>>>> que senón a construcción notase moi artificial. Pois iso é o que lle >> noto eu >>>>> a estas traduccións, que son moi forzadas, pouco naturais e se iso >> devira >>>>> nunha construcción rica, literariamente falando, benvida, pero >> resultame >>>>> moi de "papa mira lo que aprendí en el cole". :) >>>>> >>>>> Polo que propoño que exista un "equipiño" para ir así, con paciencia, >>>>> revisando estas cousas. >>>> Moi interesante a mensaxe, levanta debates moi interesante. En todo >>>> caso a min paréceme que mestura cuestións de distinta orde: >>>> >>>> 1) Consistencia na denominación de accións frecuentes, que deberían >>>> estar estandarizadas: >>>> >>>>> atopar-achar-encontrar >>>>> buscar-procurar-pescudar >>>>> mostrar-amosar >>>>> trocar-cambiar-mudar >>>>> arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña) >>>> Nada que obxectar á proposta de fixalas. Supoño que non será fácil se >>>> as traducións veñen de proxectos distintos... >> Se mal non lembro xa se discutirá a tradución de "show" que tiña dúas >> posibilidades: "mostrar" e "amosar" as dúas totalmente correctas. De >> feito é un caso semellante ao de "window", pero a diferencia destoutro >> caso decidirase primar "mostrar" en vez de "amosar"... a ver se atopo >> dita mensaxe. >> > > O importante non é tanto un termo como o outro (alomenos no que atinxe a > este fío), o que é importante é empregar "*sempre o mesmo*" dentro "*dun > mesmo*" aplicativo. Xa que o paso dun tradutor tras outro fai que cada un > "incorpore" un novo termo. Por iso "suxiro" que antes de meterse a completar > unha tradución a analicemos para poder respetar o estilo e non incorporar un > novo estilo :) > Ou tamén de querer mudar o estilo facelo en todo o aplicativo.
> >>>> 2) Construcións barrocas ou inusuais. Aquí o terreo é máis esvaradizo. >>>> De acordo que ás veces nos pasamos facendo frases enrevesadas que eu >>>> atribúo moitas veces a facer calcos do inglés (esas infumables >>>> construcións en pasiva que sempre se nos colan aínda que esteamos >>>> atentos...) ou reproducir traducións literais do inglés cando a >>>> redacción en inglés xa é penosa. >>>> >>>> Outra cousa é chamarlle raro ao uso de haber + infintivo ou haber + >>>> preposición + infinitivo para indicar futuro. Iso non é raro, é >>>> galego. O mesmo se podería dicir cando introducimos o uso do >>>> infinitivo flexionado ou do futuro de subxuntivo. >>>> >>>> Aquí hai dous elementos que están en tensión: modelo de lingua e >>>> naturalidade e equilibrio na expresión. Eu apoio un modelo de lingua >>>> rico onde teñen cabida eses trazos diferenciais do galego. Dito isto >>>> non hai que pasarse e ser naturais, na mesma oración poden mesturarse >>>> varias destas formas sen que pase nada. Exemplo: >>>> >>>> * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar >>>> * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto permitiralle empregar >>>> >>>> Reflexión final: non deberíamos caer na tentación de sistematizar a >>>> tradución igual que se sistematiza a programación. Non é o mesmo >>>> traducir que codificar. >>>> >>>> Conclusión: ben polo da equipa de revisión pero ollo cos criterios!!!!! >>> Precisamente!!! >>> >>> Esa é razón do meu comentario, tratar de achegar criterios que non fagan >> da >>> interface de Ubuntu un catálogo de estilos literarios ou de modismos >> zonais, >>> se ben é certo que a riqueza da linguaxe debe ser alta, debemos ter en >> conta >>> a quen vai dirixido o traballo de tradución. Isto lévame a que adoecemos >>> dunha cultura de emprego do galego nas cousas técnicas e que si facemos >> unha >>> escritura (que será unha lectura/comprensión) complexa, afastaremos a >> moita >>> xente "novicia" do galego nas cousas tecnoloxicas por non teren feito >> unha >>> tradución máis comprensible. >>> >>> Outra cousa a ter en conta, por exemplo con mostrar/amosar ou >>> buscar/procurar pareceme ben que se usen as dúas, pero non no mesmo >>> aplicativo. O que estou a facer cando corrixo e ver cal é a maioritaria >>> dentro do aplicativo en cuestión e corrixir de xeito que dentro dese >>> aplicativo sempre se use a mesma voz. >>> >>> Ademáis temos os modismos, como exemplo un caso do equipo de ubuntu-es, >>> decidíuse non empregar o til en "video" xa que. ademáis de ser correcto >> no >>> castelán de españa é mairitario no castelán de sur américa. Isto lévame a >>> que procuremos unhas traducións o máis neutras e alonxadas dos modismos >> ou >>> de "xeitos" persoais, como empregar termos mariñeiros xa que é o que se >> fala >>> no meu pueblo ou termos agro-gandeiros, xa que eu son da montaña >> lucense.... >>> Xa que isto é un equipo... abrimos o debate! >> -- >> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> [email protected] >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> > > > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
