2009/11/8 Xosé Antonio Rubal López <[email protected]>

> Ola,
>
> Moi interesante a mensaxe, levanta debates moi interesante. En todo
> caso a min paréceme que mestura cuestións de distinta orde:
>
> 1) Consistencia na denominación de accións frecuentes, que deberían
> estar estandarizadas:
>
> atopar-achar-encontrar
> buscar-procurar-pescudar
> mostrar-amosar
> trocar-cambiar-mudar
> arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña)
>
> Nada que obxectar á proposta de fixalas. Supoño que non será fácil se
> as traducións veñen de proxectos distintos...
>
> 2) Construcións barrocas ou inusuais. Aquí o terreo é máis esvaradizo.
> De acordo que ás veces nos pasamos facendo frases enrevesadas que eu
> atribúo moitas veces a facer calcos do inglés (esas infumables
> construcións en pasiva que sempre se nos colan aínda que esteamos
> atentos...) ou reproducir traducións literais do inglés cando a
> redacción en inglés xa é penosa.
>
> Outra cousa é chamarlle raro ao uso de haber + infintivo ou haber +
> preposición + infinitivo para indicar futuro. Iso non é raro, é
> galego. O mesmo se podería dicir cando introducimos o uso do
> infinitivo flexionado ou do futuro de subxuntivo.
>
> Aquí hai dous elementos que están en tensión: modelo de lingua e
> naturalidade e equilibrio na expresión. Eu apoio un modelo de lingua
> rico onde teñen cabida eses trazos diferenciais do galego. Dito isto
> non hai que pasarse e ser naturais, na mesma oración poden mesturarse
> varias destas formas sen que pase nada. Exemplo:
>
> * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar
> * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto permitiralle empregar
>
> Reflexión final: non deberíamos caer na tentación de sistematizar a
> tradución igual que se sistematiza a programación. Non é o mesmo
> traducir que codificar.
>
> Conclusión: ben polo da equipa de revisión pero ollo cos criterios!!!!!
>

Precisamente!!!

Esa é razón do meu comentario, tratar de achegar criterios que non fagan da
interface de Ubuntu un catálogo de estilos literarios ou de modismos zonais,
se ben é certo que a riqueza da linguaxe debe ser alta, debemos ter en conta
a quen vai dirixido o traballo de tradución. Isto lévame a que adoecemos
dunha cultura de emprego do galego nas cousas técnicas e que si facemos unha
escritura (que será unha lectura/comprensión) complexa, afastaremos a moita
xente "novicia" do galego nas cousas tecnoloxicas por non teren feito unha
tradución máis comprensible.

Outra cousa a ter en conta, por exemplo con mostrar/amosar ou
buscar/procurar pareceme ben que se usen as dúas, pero non no mesmo
aplicativo. O que estou a facer cando corrixo e ver cal é a maioritaria
dentro do aplicativo en cuestión e corrixir de xeito que dentro dese
aplicativo sempre se use a mesma voz.

Ademáis temos os modismos, como exemplo un caso do equipo de ubuntu-es,
decidíuse non empregar o til en "video" xa que. ademáis de ser correcto no
castelán de españa é mairitario no castelán de sur américa. Isto lévame a
que procuremos unhas traducións o máis neutras e alonxadas dos modismos ou
de "xeitos" persoais, como empregar termos mariñeiros xa que é o que se fala
no meu pueblo ou termos agro-gandeiros, xa que eu son da montaña lucense....

Xa que isto é un equipo... abrimos o debate!



>
> 2009/11/8 Miguel Bouzada <[email protected]>:
> > Perdodade que faga Top Posting, pero como no vou a replicar a nada do
> dito,
> > xa que concordo con todo, senon que quero engadir.
> >
> > Comecei estes días a revisar, liña por liña, palabra por palabra, os
> > paquetes actualmente en karmic seguindo a orde de prioridade que
> estabelece
> > Ubuntu.
> > Revixei xa:
> > bootloader - 76 liñas
> > e estou a rematar (faltanme +/- 400)
> > debian-instaler - 1596 liñas
> >
> > Unha vez que remate esta revisión pasareilla a marce para que a suba a
> > debian coas modificacións que ten unha respecto da outra.
> >
> > Aquí é onde está un dos problemas máis grandes nas traducións actualmete,
> a
> > falta de consistencia, xa que nesta última atopei o que deu pé ó fío que
> > abrin resprcto de "Afacer cocido", así como que dentro dese mesmo
> ficheiro
> > se emprega de xeito aleatorio cousas como
> > atopar-achar-encontrar
> > buscar-procurar-pescudar
> > mostrar-amosar
> > trocar-cambiar-mudar
> > arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña)
> >
> > Sei que este traballo debe dar pé a determinadas consultas lingüisticas,
> así
> > que tocarános "muxir" :-) ben a Antón.
> >
> > Outra das cousas que atopei é unha construcción do máis barroco, non
> > incorrecto, pero de complexa lectura, utización até o paroxismo de formas
> > verbais compostas
> > LILO ha tomar o control completo
> > Para se defender contra isto
> > o sistema instalado non se ha iniciar
> > Pode ser porque decidiu non o facer
> > Cando o ordenador arranque, ha poder iniciar un destes sistemas
> > modificar o sector mestre de arranque ha facer que, de xeito temporal
> > Ao rematar a instalación, o sistema hase reiniciar.
> > Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar
> > Esta información hase empregar
> > Ha ter que indicar un contrasinal para
> > que "root" se conecte hase crear unha conta de usuario que ha ter a
> > posibilidade de se facer root
> >
> > Isto anterior, ainda que correcto, cando forma parte o groso da
> tradución,
> > este emprego de formas con infinitivo desespera a ún (alomenos a min) e
> > fanse cousas como:
> >
> > paquetes estándar para o instalar. Este software ten varias licenzas que
> > poden impedirlle empregalo, modificalo ou compartilo.
> >
> > o lóxico sería ... para instalalo. Este....
> >
> > ou ... impedirlle o empregar, o modificar, ou o compartir
> >
> > Queda claro que neste caso optouse por ser máis lóxico na frase final xa
> que
> > senón a construcción notase moi artificial. Pois iso é o que lle noto eu
> a
> > estas traduccións, que son moi forzadas, pouco naturais e se iso devira
> > nunha construcción rica, literariamente falando, benvida, pero resultame
> moi
> > de "papa mira lo que aprendí en el cole". :)
> >
> > Polo que propoño que exista un "equipiño" para ir así, con paciencia,
> > revisando estas cousas.
> >
> >
> > 2009/11/8 Fran Dieguez <[email protected]>
> >
> >> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> >> Hash: SHA1
> >>
> >> José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
> >> > Boas xente,
> >> >
> >> > Ándame dando voltas pola cabeza ultimamente unha idea, que pode soar a
> >> > tolemia, pero que penso que pode ser interesante tratar. En resumo,
> >> > sería deixar de traballar xa en Karmic (salvo correccións de erros e
> >> > así), e ir pensando xa en... Lucid? Lucid Lynx, non?
> >> Bo comezo
> >> >
> >> > Cousas que apoiarían esta decisión:
> >> > - Será unha LTS
> >> > - Teremos máis tempo para traballar e organizarnos, e pulir detalles
> >> > de homoxeneización, calidade, etc, etc
> >> Hurra!
> >> >
> >> > Cousas que poderiamos facer se empezamos canto antes:
> >> > - Sacar unha nota en cantos máis sitios mellor, pedindo colaboracións,
> >> > expoñendo o "plan", e mencionando as vantaxes de empezar canto antes e
> >> > bla bla bla. Aproveitar mentres exista Mancomún, jejeje
> >> Estou de acordo
> >> > - Traballar sobre todo no upstream, con tempo de ter en conta as
> >> > importacións/conxelacións/como lle chamen a iso.
> >> Aleluia non son o único que o dí!
> >> > - Organizar "miniequipos": se cadra resulta interesante ter xente que
> >> > se ocupe de "aplicativos en consola", "aplicativos multimedia",
> >> > "mensaxería". Aínda que fósemos os mesmos en todos os equipos,
> >> > poderíamos, eu que sei, dedicarlle unha semana a unha cousa, poñerse
> >> > de acordo en termos (falando no mesmo ámbito, sería máis fácil),
> >> >
> >> Moi boa idea JMCS! Coido que o esquema que seguen os de ubuntu con
> >> "Ubuntu Bug Squad" que adica unha semana a unha sección en concreto para
> >> atopar e resolver bugs é moi produtivo.
> >>
> >> Nese sentido podemos aplicar o mesmo.
> >>
> >> > Cousas que seguramente resultarían máis complicadas:
> >> > - Seguramente habería máis traballo de coordinación. Non é o mesmo
> >> > estar pendentes de datas de importacións, traballar no upstream,
> >> > sincronizar os "miniequipos (se os houbera)... que coller o que haxa
> >> > en Launchpad, e traducilo alí repartindo o traballo "al vuelo"...
> >>
> >> Como intúo podes saber, en gnome estamos a facer (Viva Méixome) unha
> >> revisión completa. Pensamos que debemos priorizar a calidade das
> >> traducións fronte á cantidade e por iso non imos comezar coa
> >> documentación ata ter este primeiro paso feito.
> >>
> >> >
> >> > Total. o de sempre: opinións? estou dicindo unha burrada outra vez?
> >> > Comentarios?
> >> Totalmente de acordo. Temos que ver primeiro cales son as datas de
> >> conxelación de todos os proxectos... GNOME, firefox, etc etc... para ir
> >> adecuando o noso calendario a ditos fitos.
> >> O seguinte paso é crear grupos de traballo, que como ben dis imos estar
> >> moita xente en varios, e grupos de aplicativos (consola, multimedia,
> >> etc) para asignar consecuentemente recursos de persoal a cada sección.
> >>
> >> Eu o da redacción da nota de prensa non me gustaría levalo, aka se podo
> >> escaquearme xenial, pola contra mirar un pouco o dos grupos de
> >> aplicativos a priorizar e ir estudando a planificación si o podo facer e
> >> se me pode dar ben.
> >>
> >> Suxestións?
> >> - --
> >> Fran Diéguez
> >> http://www.mabishu.com         -     [email protected]
> >> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
> >>
> >>
> >> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
> >> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> >> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/
> >>
> >> iEYEARECAAYFAkr2Mb8ACgkQmLtmJqKk+bgawQCdHA1Pje8xIHAGy4O0Xpxnv0XV
> >> e8gAnR3BDZOW0HHZt9W2pRR0E6Kuz230
> >> =8djb
> >> -----END PGP SIGNATURE-----
> >>
> >> --
> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> [email protected]
> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>
> >
> >
> >
> > --
> > Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
> .xlsx,
> > .ppt, .pptx
> >
> > Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
> > (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
> >
> > Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> > [email protected]
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > [email protected]
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
>
>
> --
> Saúdos,
>
> Xosé Antonio Rubal.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> [email protected]
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
[email protected]
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a