2009/11/9 Leandro Regueiro <[email protected]>: >>>>>> Ándame dando voltas pola cabeza ultimamente unha idea, que pode soar a >>>>>> tolemia, pero que penso que pode ser interesante tratar. En resumo, >>>>>> sería deixar de traballar xa en Karmic (salvo correccións de erros e >>>>>> así), e ir pensando xa en... Lucid? Lucid Lynx, non? >>>>> >>>>> Bo comezo >>>>> >>>>>> Cousas que apoiarían esta decisión: >>>>>> - Será unha LTS >>>>>> - Teremos máis tempo para traballar e organizarnos, e pulir detalles >>>>>> de homoxeneización, calidade, etc, etc >>>>> >>>>> Hurra! >>>>> >>>>>> Cousas que poderiamos facer se empezamos canto antes: >>>>>> - Sacar unha nota en cantos máis sitios mellor, pedindo colaboracións, >>>>>> expoñendo o "plan", e mencionando as vantaxes de empezar canto antes e >>>>>> bla bla bla. Aproveitar mentres exista Mancomún, jejeje >>>>> >>>>> Estou de acordo >>>>> >>>>>> - Traballar sobre todo no upstream, con tempo de ter en conta as >>>>>> importacións/conxelacións/como lle chamen a iso. >>>>> >>>>> Aleluia non son o único que o dí! >>>>> >>>>>> - Organizar "miniequipos": se cadra resulta interesante ter xente que >>>>>> se ocupe de "aplicativos en consola", "aplicativos multimedia", >>>>>> "mensaxería". Aínda que fósemos os mesmos en todos os equipos, >>>>>> poderíamos, eu que sei, dedicarlle unha semana a unha cousa, poñerse >>>>>> de acordo en termos (falando no mesmo ámbito, sería máis fácil), >>>>> >>>>> Moi boa idea JMCS! Coido que o esquema que seguen os de ubuntu con >>>>> "Ubuntu Bug Squad" que adica unha semana a unha sección en concreto para >>>>> atopar e resolver bugs é moi produtivo. >>>>> >>>>> Nese sentido podemos aplicar o mesmo. >>>>> >>>>>> Cousas que seguramente resultarían máis complicadas: >>>>>> - Seguramente habería máis traballo de coordinación. Non é o mesmo >>>>>> estar pendentes de datas de importacións, traballar no upstream, >>>>>> sincronizar os "miniequipos (se os houbera)... que coller o que haxa >>>>>> en Launchpad, e traducilo alí repartindo o traballo "al vuelo"... >>>>> >>>>> Como intúo podes saber, en gnome estamos a facer (Viva Méixome) unha >>>>> revisión completa. Pensamos que debemos priorizar a calidade das >>>>> traducións fronte á cantidade e por iso non imos comezar coa >>>>> documentación ata ter este primeiro paso feito. >>>>> >>>>>> Total. o de sempre: opinións? estou dicindo unha burrada outra vez? >>>>>> Comentarios? >>>>> >>>>> Totalmente de acordo. Temos que ver primeiro cales son as datas de >>>>> conxelación de todos os proxectos... GNOME, firefox, etc etc... para ir >>>>> adecuando o noso calendario a ditos fitos. >>>>> O seguinte paso é crear grupos de traballo, que como ben dis imos estar >>>>> moita xente en varios, e grupos de aplicativos (consola, multimedia, >>>>> etc) para asignar consecuentemente recursos de persoal a cada sección. >>>>> >>>>> Eu o da redacción da nota de prensa non me gustaría levalo, aka se podo >>>>> escaquearme xenial, pola contra mirar un pouco o dos grupos de >>>>> aplicativos a priorizar e ir estudando a planificación si o podo facer e >>>>> se me pode dar ben. >>>>> >>>>> Suxestións? >>>> >>>> Perdodade que faga Top Posting, pero como no vou a replicar a nada do >>>> dito, xa que concordo con todo, senon que quero engadir. > > Quizais non se debería facer máis. Dificulta un chisco seguir o fío. > >>>> Comecei estes días a revisar, liña por liña, palabra por palabra, os >>>> paquetes actualmente en karmic seguindo a orde de prioridade que >>>> estabelece Ubuntu. >>>> Revixei xa: >>>> bootloader - 76 liñas >>>> e estou a rematar (faltanme +/- 400) >>>> debian-instaler - 1596 liñas >>>> >>>> Unha vez que remate esta revisión pasareilla a marce para que a suba a >>>> debian coas modificacións que ten unha respecto da outra. >>>> >>>> Aquí é onde está un dos problemas máis grandes nas traducións actualmete, >>>> a falta de consistencia, xa que nesta última atopei o que deu pé ó fío que >>>> abrin resprcto de "Afacer cocido", así como que dentro dese mesmo >>>> ficheiro se emprega de xeito aleatorio cousas como >>>> atopar-achar-encontrar >>>> buscar-procurar-pescudar >>>> mostrar-amosar >>>> trocar-cambiar-mudar >>>> arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña) >>>> >>>> Sei que este traballo debe dar pé a determinadas consultas lingüisticas, >>>> así que tocarános "muxir" :-) ben a Antón. > > Moi boa :) Cres que nos dará bo leite? > >>>> Outra das cousas que atopei é unha construcción do máis barroco, non >>>> incorrecto, pero de complexa lectura, utización até o paroxismo de formas >>>> verbais compostas >>>> LILO ha tomar o control completo >>>> Para se defender contra isto >>>> o sistema instalado non se ha iniciar >>>> Pode ser porque decidiu non o facer >>>> Cando o ordenador arranque, ha poder iniciar un destes sistemas >>>> modificar o sector mestre de arranque ha facer que, de xeito temporal >>>> Ao rematar a instalación, o sistema hase reiniciar. >>>> Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar >>>> Esta información hase empregar >>>> Ha ter que indicar un contrasinal para >>>> que "root" se conecte hase crear unha conta de usuario que ha ter a >>>> posibilidade de se facer root >>>> >>>> Isto anterior, ainda que correcto, cando forma parte o groso da >>>> tradución, este emprego de formas con infinitivo desespera a ún (alomenos >>>> a min) e fanse cousas como: >>>> >>>> paquetes estándar para o instalar. Este software ten varias licenzas que >>>> poden impedirlle empregalo, modificalo ou compartilo. >>>> >>>> o lóxico sería ... para instalalo. Este.... >>>> >>>> ou ... impedirlle o empregar, o modificar, ou o compartir >>>> >>>> Queda claro que neste caso optouse por ser máis lóxico na frase final xa >>>> que senón a construcción notase moi artificial. Pois iso é o que lle noto >>>> eu >>>> a estas traduccións, que son moi forzadas, pouco naturais e se iso devira >>>> nunha construcción rica, literariamente falando, benvida, pero resultame >>>> moi de "papa mira lo que aprendí en el cole". :) >>>> >>>> Polo que propoño que exista un "equipiño" para ir así, con paciencia, >>>> revisando estas cousas. >>> >>> Moi interesante a mensaxe, levanta debates moi interesante. En todo >>> caso a min paréceme que mestura cuestións de distinta orde: >>> >>> 1) Consistencia na denominación de accións frecuentes, que deberían >>> estar estandarizadas: >>> >>>> atopar-achar-encontrar >>>> buscar-procurar-pescudar >>>> mostrar-amosar >>>> trocar-cambiar-mudar >>>> arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña) >>> >>> Nada que obxectar á proposta de fixalas. Supoño que non será fácil se >>> as traducións veñen de proxectos distintos... > > Se mal non lembro xa se discutirá a tradución de "show" que tiña dúas > posibilidades: "mostrar" e "amosar" as dúas totalmente correctas. De > feito é un caso semellante ao de "window", pero a diferencia destoutro > caso decidirase primar "mostrar" en vez de "amosar"... a ver se atopo > dita mensaxe.
Atopada: http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-August/002352.html >>> 2) Construcións barrocas ou inusuais. Aquí o terreo é máis esvaradizo. >>> De acordo que ás veces nos pasamos facendo frases enrevesadas que eu >>> atribúo moitas veces a facer calcos do inglés (esas infumables >>> construcións en pasiva que sempre se nos colan aínda que esteamos >>> atentos...) ou reproducir traducións literais do inglés cando a >>> redacción en inglés xa é penosa. >>> >>> Outra cousa é chamarlle raro ao uso de haber + infintivo ou haber + >>> preposición + infinitivo para indicar futuro. Iso non é raro, é >>> galego. O mesmo se podería dicir cando introducimos o uso do >>> infinitivo flexionado ou do futuro de subxuntivo. >>> >>> Aquí hai dous elementos que están en tensión: modelo de lingua e >>> naturalidade e equilibrio na expresión. Eu apoio un modelo de lingua >>> rico onde teñen cabida eses trazos diferenciais do galego. Dito isto >>> non hai que pasarse e ser naturais, na mesma oración poden mesturarse >>> varias destas formas sen que pase nada. Exemplo: >>> >>> * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar >>> * Só ha ter que facer isto unha vez. Isto permitiralle empregar >>> >>> Reflexión final: non deberíamos caer na tentación de sistematizar a >>> tradución igual que se sistematiza a programación. Non é o mesmo >>> traducir que codificar. >>> >>> Conclusión: ben polo da equipa de revisión pero ollo cos criterios!!!!! >> >> Precisamente!!! >> >> Esa é razón do meu comentario, tratar de achegar criterios que non fagan da >> interface de Ubuntu un catálogo de estilos literarios ou de modismos zonais, >> se ben é certo que a riqueza da linguaxe debe ser alta, debemos ter en conta >> a quen vai dirixido o traballo de tradución. Isto lévame a que adoecemos >> dunha cultura de emprego do galego nas cousas técnicas e que si facemos unha >> escritura (que será unha lectura/comprensión) complexa, afastaremos a moita >> xente "novicia" do galego nas cousas tecnoloxicas por non teren feito unha >> tradución máis comprensible. >> >> Outra cousa a ter en conta, por exemplo con mostrar/amosar ou >> buscar/procurar pareceme ben que se usen as dúas, pero non no mesmo >> aplicativo. O que estou a facer cando corrixo e ver cal é a maioritaria >> dentro do aplicativo en cuestión e corrixir de xeito que dentro dese >> aplicativo sempre se use a mesma voz. >> >> Ademáis temos os modismos, como exemplo un caso do equipo de ubuntu-es, >> decidíuse non empregar o til en "video" xa que. ademáis de ser correcto no >> castelán de españa é mairitario no castelán de sur américa. Isto lévame a >> que procuremos unhas traducións o máis neutras e alonxadas dos modismos ou >> de "xeitos" persoais, como empregar termos mariñeiros xa que é o que se fala >> no meu pueblo ou termos agro-gandeiros, xa que eu son da montaña lucense.... >> >> Xa que isto é un equipo... abrimos o debate! > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
