ÁLEX M. G. wrote:
> Ola!
>
> Lin nas condicións do grupo que hai que presentarse á lista de correo:
> Chámome Alejandra Mosquera, e estiven facendo un cursiño de localización que
> organizaba a ETSE (da USC). En dito fiadeiro estivemos traducindo diversos
> paquetes do programa NetBeans (entorno de programación en Java) por grupos
> para aprender as metodoloxías utilizadas neste campo.
>
> Nas mencionadas condicións tamén lin que hai que enviar unha mostra de
> traducción dunhas 100 cadeas, e a verdade e que todas as que traducimos no
> citado cursiño non as conservo... É preciso traducir outras diferentes?
>
> O tema da localización paréceme moi interesante (estudo Enxeñaría Técnica
> Informática) e gustaríame colaborar aportando o meu gran de area.
>
> Un saúdo!
>
Ola de novo Alejandra,
Respecto ás traducións, podes ir traducindo no Launchpad e avisar en
canto teñas unhas cantas para botarlles un ollo e pasarte a "membro
activo" :-).
Un saúdo!
Felipe.
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl