Desculpade a miña ignorancia, pero sigo sin entender moi ben o asunto... Aínda 
no sei moi ben como funciona todo isto.

Entón, o que se fai en LaunchPad sería traducir sobre unha distribución xa 
feita e traducir no "upstream" sería traducir, por exemplo, para que se poida 
escoller o idioma ao que traducimos cando instalamos o programa? 

Un saúdo.



> Date: Wed, 13 May 2009 11:59:08 +0200
> From: [email protected]
> To: [email protected]
> Subject: Re: [Tradutores-Ubuntu] Traducción SL
> 
> >>>>> Nas mencionadas condicións tamén lin que hai que enviar unha mostra de
> >>>>> traducción dunhas 100 cadeas, e a verdade e que todas as que traducimos 
> >>>>> no
> >>>>> citado cursiño non as conservo... É preciso traducir outras diferentes?
> >>>>
> >>>> Coido que se refire a 100 cadeas traducidas en Launchpad sen problemas.
> >>>>
> >>>>> O tema da localización paréceme moi interesante (estudo Enxeñaría 
> >>>>> Técnica
> >>>>> Informática) e gustaríame colaborar aportando o meu gran de area.
> >>>>
> >>>> Benvida!
> >>>
> >>> Se pasas a criba dos tres meses quizais che poida interesar máis (nun
> >>> futuro) traducir noutro sitio que non sexa no Launchpad.
> >>
> >> A que te refires con "Se pasas a criba dos tres meses quizais che poida
> >> interesar máis (nun futuro) traducir noutro sitio que non sexa no 
> >> Launchpad"?
> >
> > Jajaja, este Leandro sempre tan directo ;-). Creo que se refire a que se
> > dentro de tres meses continúas traducindo, que seguramente queiras pasar
> > a traballar directamente no "upstream" en vez de traballar na
> > distribución, é dicir, traducir as aplicacións e mandándolle o resultado
> > aos desenvolvedores de cada aplicación ou á persoa encargada de realizar
> > a coordinación para o galego (como sería no caso das aplicacións de
> > Gnome e KDE).
> 
> Máis ou menos referiame a iso, e tamén á teoría de Marce de que se un
> novo tradutor aguanta tres meses é case seguro que siga durante uns
> anos, polo que non me parece moi intelixente proporlle isto a alguén
> que en tres meses non vaia estar aquí.
> 
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> [email protected]
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

_________________________________________________________________
¡Quítate unos clics! Ahora, Internet Explorer 8 tiene todo lo que te gusta de 
Windows Live ¡Consíguelo gratis! 
http://ie8.msn.com/microsoft/internet-explorer-8/es-es/ie8.aspx
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a