> Desculpade a miña ignorancia, pero sigo sin entender moi ben o asunto... > Aínda no sei moi ben como funciona todo isto. > > Entón, o que se fai en LaunchPad sería traducir sobre unha distribución xa > feita e traducir no "upstream" sería traducir, por exemplo, para que se > poida escoller o idioma ao que traducimos cando instalamos o programa? > > Un saúdo.
En Launchpad, as traducións son para as aplicacións EN UBUNTU. Por exemplo, o lector de correo do ambiente de escritorio GNOME, "Evolution", podes traducilo en Launchpad, e a tradución aparecerá dispoñible en Ubuntu. Porén, en lugar de facer unha tradución en Launchpad (específica para a distribución Ubuntu), o que podes é traducir o Evolution -o método é distinto ao usado en Launchpad, se en tres meses continúas xa se che explicará ;)- e enviarlles a tradución aos propios desenvolvedores do Evolution, de forma que a tradución estará dispoñible non só para Ubuntu, senón para calquera distribución (OpenSUSE, Arch Linux, Fedora, etc.). Para empezar, Launchpad supoño que está ben. Pero se segues traducindo un tempo, acabarás por traducir "en condicións", descubrirás a maxia dos ficheiros PO, etc. Ti polo de agora practica co Launchpad. NOTA: Hai métodos de tradución similares ao de Launchpad que sirven para a tradución xeral dos programas, pero diso non sei moito. Han saber máis os demais. Un saúdo! -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
