> Certamente, hai formas que eu prefiro, por exemplo o enlazado, e moitas
> outras cousas coma a contracción ó →ao pero... por mor da normalización
> ateñome a elas.
Seica segundo a última revisión da normativa (que tampouco é que a
lera nin nada) eliminouse o do guión ou cando menos desanconsellouse,
así que esa non é unha opción aceptable agora (aínda quedan unha chea
de traducións que o manteñen), e a outra opción que habia era telo sen
guión pero separado. Non sei de onde demo saiu o de poñelo todo xunto
e parécecheme que é incorrecto para este uso.
> Como aclaración prefiro o termo xanela a ventá, eu traduzo con ventá por
> aquelo da uniformidade, así que entendede as miñas "criticas" como
> construtivas e pra tratar de "normalizar" ó máximo, e que saibades... non
> son lingüista só alguén que procura a mellor comprensión de tódolos textos.
Estiven mirando as estatísticas de "window" onte, e aínda que pareza
mentira creo que gaña "fiestra"...
Ata logo,
Leandro Regueiro
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl