Estiven a ver esa tradución e atopo algunhas cousas estrañas Pode activa-la súa conexión premendo neste icono. Conforme a normativa 2003 non se emprega a separación con guión (é un erro recurrente) e icona é feminino Pode activala súa conexión premendo nesta icona.
Rede cableada Rede inalámbrica Conviuse en empregar Rede [con] fíos - Rede sen fíos Privilexios insuficientes ou error descoñecido ó recuperar os segredos da conexión do sistema. Debe ser: Privilexios insuficientes ou *erro* descoñecido *ao* recuperar os segredos da conexión do sistema. Tense por convención no usar as contraccións Tipo de conexión de banda ancha móbil non soportado. O de soportado (é teima miña) queda bastante mal, xa que parece que non hai dios que o aguante, xa que ó que se refire ... prefiro "non compatible", "non permitido, "non aceptado" (hai unha discusión sobre o tema na lista de tradutores de ubuntu-es Non se puido carga-la interface de usuario para seguridade WiFi; falta *o*parámetro WiFi. Non se puido carga-la interface de usuario para *a* seguridade WiFi. A petición de autorización PolicyKit foi inválida. Citaba Jacobo Tarrio na lista de trasno: Un "comando inválido" é un grupo de soldados ou policíasdiscapacitados de élite :D A petición de autorización PolicyKit *non é válida*. Non se puido engadir a conexión debido a un erro descoñecido Non se puido *engadila* conexión debido a un erro descoñecido 2009/4/8 Felipe Gil Castiñeira <[email protected]> > Ola Julio. Benvido! > > Julio Pedreira Paz wrote: > > Boas, > > > > Tal como se di na páxina de "Ubuntu Galician > > Tranlators"<https://launchpad.net/%7Eubuntu-l10n-gl>, > > este é o meu correo de presentación. Son Julio > > Pedreira<https://launchpad.net/%7Ejulio.pedreira>, > > membro de Launchpad dende ó 2007, e membro recente de "Ubuntu BugSquad"; > a > > partires de agora, tamén me gustaría ser membro dos equipos de traducción > de > > Ubuntu ó galego e ó castelán. > > > > Para empezar, traducín as 50 entradas que faltaban no paquete > > network-manager-applet< > https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/network-manager-applet/+pots/nm-applet/gl/+filter?person=julio.pedreira > >, > > e que agora están pendentes de revisión. > > > > Saúdos, > > > > > > Julio Pedreira > > > > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
