Ola

Algunhas ligazóns de interés que axudan na tradución:

https://wiki.mancomun.gal/index.php/Gu%C3%ADa_de_estilo

http://termos.trasno.gal/

https://www.microsoft.com/en-us/language?sString=SAVING&langID=gl-es

https://mymemory.translated.net/#

https://transvision.mozfr.org/?repo=central&sourcelocale=en-US&locale=gl&search_type=strings&recherche=

https://www.deepl.com/translator

Saúdos



On 10/03/18 21:14, José Marinho wrote:
> Pois grazas polos consellos.
> 
> Estes días vou andar máis liado porque teño exames no ciclo así que non
> teño moito tempo para adicarlle. Xa comecei hai tempo un en Pontoon a
> suxerir algunhas traducións para o Mozilla Firefox. É un programa que
> uso e que agora mesmo está a medio traducir, así que encaixa nos
> criterios que me suxire Adrián.
> 
> O responsábel da tradución (Keko) que acho que está nesta lista, xa me
> deu uns criterios e orientacións para facer traducións que lle puidesen
> ser útiles e fun corrixindo as primeiras traducións que fixen. En
> principio para ir comezando podería centrarme en axudar co Firefox
> porque é un software usado amplamente e acho que debería ser
> prioritario. Unha vez pasada esta semana, retomareino e a ver se
> conseguimos telo traducido polo menos na súa maior parte.
> 
> Saúdos.
> On 10/03/18 18:12, Adrián Chaves Fernández wrote:
>> Eu diría que o mellor é que escollas un programa ou un grupo de
>> programas polo que comezar. Aínda que é moi noble pola túa parte
>> ofrecerte a traducir calquera cousa, na miña experiencia é mellor
>> intentar traballar en cousas que polo menos uses de cando en vez,
>> tanto para manter certa motivación como para permitirte atopar erros
>> ou aspectos a mellorar unha vez a tradución estea completa. Recomendo
>> que penses nos programas que adoitas usar, e que penses en cal deles
>> ten unha tradución máis incompleta (ou inexistente) ou unha calidade
>> menor (na túa opinión).
>>
>> A partires de aí podemos darte instrucións axeitadas concretamente a
>> ese programa ou programas, porque aínda que a meirande parte dos
>> programas se traducen usando un sistema de control de versións (Git,
>> Subversion…) e calquera ferramenta de tradución asistida por
>> computador (Lokalize, OmegaT, PoEdit, Virtaal…), os haberá que non se
>> traduzan así, e aínda que sí se traduzan así igual hai que seguir
>> algún proceso inicial para darse de alta como tradutor.
>>
>> Unha vez empeces a traducir, sería interesante que lle botases un ollo
>> a termos.trasno.gal para ver as nosas escollas de vocabulario, que é
>> preferible que sigas por consistencia. Hai outras máis xenéricas, de
>> estilo (uso de -bél, uso da forma de respecto), que probablemente
>> teñamos documentadas nalgures pero que probablemente vaias descobrindo
>> aos poucos.
>>
>> 2018-03-06 1:44 GMT+01:00 José Mariño <jmarinho...@gmail.com
>> <mailto:jmarinho...@gmail.com>>:
>>
>>     Ola
>>
>>     O meu nome é José traballo nun Instituto de secundaria coma conserxe e
>>     tamén estou facendo o ciclo superior de ASIR a distancia. No instituto
>>     axudo tamén á xente de TIC's sobre todo no tema de equipos con
>>     GNU/Linux
>>     xa que son usuario desde hai 6 anos e son talvez o que máis
>>     experiencia
>>     e coñecementos ten dos que estamos no centro.
>>
>>     Gustaríame axudar no proxecto porque acho que unha das mellores
>>     maneiras
>>     de facer que a nosa lingua poida sobrevivir é facendo que chegue e
>>     estea
>>     presente en todos os ámbitos. Ademais tamén defendo o uso do software
>>     libre. Por iso penso que o que se fai neste proxecto é importante
>>     porque
>>     achega o galego á tecnoloxía e o software libre á poboación
>>     galegofalante.
>>
>>     Non teño nin idea de por onde comezar así que agardo que me digades os
>>     que levades máis tempo en función das necesidades do proxecto e de que
>>     tamén preciso ir pouco a pouco para ir aprendendo, xa que non teño
>>     moita
>>     experiencia previa. Algo si que fixen ai tempo en Transfirex
>>     traducín un
>>     aplicativo non oficial (quero dicir que non pertencía ao núcleo do
>>     proxecto, era de un terceiro) para ElementaryOS, que era o que tiña
>>     instalado de aquelas, que se chamaba algo así como Elementary-Tweaks e
>>     que permitía configurar de xeito gráfico máis cousas das que
>>     permitía a
>>     ferramenta de axustes que tiña instalado por defecto. Agora mesmo nin
>>     sei se sigue existindo.
>>
>>     Agora uso tanto no traballo como no meu propio PC a distribución
>>     Kubuntu, ou Lubuntu se teño que facelo nun equipo máis limitado.
>>
>>     Nada máis agardo que me orientedes un pouco
>>
>>     Boa noite
>>
>>
>>     - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
>>     proxecto@trasno.gal
>>     - administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
>>     - Desubscribirse no URL :
>>     
>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=775&h=bb45b84e36c567249a00003deaf927ca02a45474&sa=1314569029
>>     
>> <http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=775&h=bb45b84e36c567249a00003deaf927ca02a45474&sa=1314569029>
>>
>>
>>
>>
>>     powered by *Mailster* - the flexible mailing list solution for
>>     WordPress, more information: https://wpmailster.com
>>
>>
> 
> 
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal 
>  - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno 
> - Desubscribirse  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1047&h=4edbcddd9461fe13b0cd4e485959a8b32aef56e1&sa=960218192
> 


- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=3770&h=68c685dcd95467033246cc393eb173e57a8bb552&sa=465673000

Responderlle a