Ola O meu nome é José traballo nun Instituto de secundaria coma conserxe e tamén estou facendo o ciclo superior de ASIR a distancia. No instituto axudo tamén á xente de TIC's sobre todo no tema de equipos con GNU/Linux xa que son usuario desde hai 6 anos e son talvez o que máis experiencia e coñecementos ten dos que estamos no centro.
Gustaríame axudar no proxecto porque acho que unha das mellores maneiras de facer que a nosa lingua poida sobrevivir é facendo que chegue e estea presente en todos os ámbitos. Ademais tamén defendo o uso do software libre. Por iso penso que o que se fai neste proxecto é importante porque achega o galego á tecnoloxía e o software libre á poboación galegofalante. Non teño nin idea de por onde comezar así que agardo que me digades os que levades máis tempo en función das necesidades do proxecto e de que tamén preciso ir pouco a pouco para ir aprendendo, xa que non teño moita experiencia previa. Algo si que fixen ai tempo en Transfirex traducín un aplicativo non oficial (quero dicir que non pertencía ao núcleo do proxecto, era de un terceiro) para ElementaryOS, que era o que tiña instalado de aquelas, que se chamaba algo así como Elementary-Tweaks e que permitía configurar de xeito gráfico máis cousas das que permitía a ferramenta de axustes que tiña instalado por defecto. Agora mesmo nin sei se sigue existindo. Agora uso tanto no traballo como no meu propio PC a distribución Kubuntu, ou Lubuntu se teño que facelo nun equipo máis limitado. Nada máis agardo que me orientedes un pouco Boa noite - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Desubscribirse no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=775&h=bb45b84e36c567249a00003deaf927ca02a45474&sa=1314569029 powered by *Mailster* - the flexible mailing list solution for WordPress, more information: https://wpmailster.com