Ola José Grazas por contactar e desculpa que non te teñamos respondido antes, xa sabemos que é difícil dar o paso de poñerse en contacto e aínda por riba se non recibes resposta parece que... O certo é que somos un grupo moi disperso, moi singular nese sentido, xa que cada un está nunha punta do país ou mesmo fóra, así que resulta moi difícil reunirse en persoa e tendemos a facelo todo en virtual. Se vas ser un especialista en sistemas viranos moi ben se podes botarnos unha man, e xa vemos que estás perfectamente documentado respecto da nosa filosofía e idea e tamén que dominas bastante ben o idioma (isto é crucial). Tamén que traballes nun insti resulta de moito interese xa que son un dos nosos destinatarios.
Como orientarte? Eu diría que se necesitas comprender o funcionamento da tradución no software libre e dado que xa probaches o lado fácil en Transifex, deberías ir ao miolo, onde as traducións son moi duradoiras (upstream) e son puro SwL. Recoméndoche que collas unha tradución concreta, dun só ficheiro... máis adiante sería o tema de facer como a maioría de nós, que nos responsabilizamos dun "proxecto" concreto que pode conter moitos aplicativos e/ou moitos ficheiros e mantémolo no tempo. Non teñas medo ningún ningún. Axudámosche en todo o proceso Por exemplo: GNU Parted https://translationproject.org/domain/parted.html https://www.gnu.org/software/parted/ Aquí tes as normas https://translationproject.org/team/gl.html Son só 200 cadeas e tes a guía de excelentes tradutores previos para a terminoloxía. Unha vez feita a tradución e revisada pódeselle enviar a Tsao, quen como coordinador a incluirá para que estea dispoñible en todas as distribucións derivadas de Debian, nada menos. Unha aperta. Antón Méixome O 21:29 do 12 de novembro de 2017, José Mariño <jmarinho...@gmail.com> escribiu: > Ola > > O meu nome é José traballo nun Instituto de secundaria coma conserxe e tamén > estou facendo o ciclo superior de ASIR a distancia. No instituto axudo tamén > á xente de TIC's sobre todo no tema de equipos con GNU/Linux xa que son > usuario desde hai 6 anos e son talvez o que máis experiencia e coñecementos > ten dos que estamos no centro. > > Gustaríame axudar no proxecto porque acho que unha das mellores maneiras de > facer que a nosa lingua poida sobrevivir é facendo que chegue e estea > presente en todos os ámbitos. Ademais tamén defendo o uso do software libre. > Por iso penso que o que se fai neste proxecto é importante porque achega o > galego á tecnoloxía e o software libre á poboación galegofalante. > > Non teño nin idea de por onde comezar así que agardo que me digades os que > levades máis tempo en función das necesidades do proxecto e de que tamén > preciso ir pouco a pouco para ir aprendendo, xa que non teño moita > experiencia previa. Algo si que fixen ai tempo en Transfirex traducín un > aplicativo non oficial (quero dicir que non pertencía ao núcleo do proxecto, > era de un terceiro) para ElementaryOS, que era o que tiña instalado de > aquelas, que se chamaba algo así como Elementary-Tweaks e que permitía > configurar de xeito gráfico máis cousas das que permitía a ferramenta de > axustes que tiña instalado por defecto. Agora mesmo nin sei se sigue > existindo. > > Agora uso tanto no traballo como no meu propio PC a distribución Kubuntu, ou > Lubuntu se teño que facelo nun equipo máis limitado. > > Nada máis agardo que me orientedes un pouco > > Boa noite > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Desubscribirse no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=777&h=03550a6ad931a3b472812ce72162f575b9d9943e&sa=600549453 powered by *Mailster* - the flexible mailing list solution for WordPress, more information: https://wpmailster.com