Finalmente optei por Mostreador de bucles. Aínda que é certo que Mostreador non aparece nos dicionarios RAG nin Estraviz polo menos.
En 24/03/14 21:04, Román escribiu: > Probablemente, o termo máis comprensible para os profesionais da > música sexa o estranxeirismo «sampler». > > De preferir unha voz propia, o «mostreador» suxerido por M. Bouzada é > o termo máis axeitado, na miña humilde opinión (ignoro se está nalgún > dicionario; empregar «mostrador» sería claramente un erro, ademais de > dar lugar a moitos equívocos). Outros termos similares, como > «secuenciador», non se poden usar porque xa denotan a outros aparellos > diferentes relacionados coa música dixital. > > Para mostra, deixo un par de referencias a continuación. Nótese que > tanto en español coma en portugués se usa o estranxeirismo de forma > habitual. En francés, se estou no certo, emprégase «échantillonneur». > > http://www.wordreference.com/enpt/sampler > http://www.wordreference.com/enes/sampler > http://gl.wikipedia.org/wiki/Sampler > http://es.wikipedia.org/wiki/Sampler > > Román > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl