2014-04-11 13:00 GMT+02:00 Xosé <xoseca...@gmail.com>: > Claro, é o que non sei e o que esperaba saber, se as traducións están > incluídas ou non, por iso non teño feitas as memorias. De estáreno, > sobra repetilas.
Acabo de decatarme de que se estaba a discutir un tema de Ubuntu sen enviar as mensaxes á rolda correspondente tamén. Deica > Xosé > > 2014-04-11 12:57 GMT+02:00 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: >> 2014-04-07 22:51 GMT+02:00 Xosé <xoseca...@gmail.com>: >>> O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses >>> dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes >>> (DDTP, https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/trusty/+lang/gl >>> ). Aumentei o número en varios miles (realmente non sei cantos porque >>> as traducións fóronse incluíndo nas edicións anteriores); motivoume o >>> feito de que cando animo alguén a que busque software para algo >>> específico as descricións están en inglés e, se xa lle teñen medo ao >>> software descoñecido, máis se non entenden para que vale. Por pouco >>> pero estamos na sétima posición, aínda que as case 20.000 cadeas que >>> van traducidas (non só por min, eh!) só representan o 20% do total. >>> >>> Preferiría ter feito estas traducións en Debian pero, como comentei >>> nun fío anterior, non fun quen de abrir unha conta. Un comentario de >>> estilo: as traducións comezan con maiúscula independentemente de como >>> estean no orixinal, coa excepción de que a primeira palabra sexa unha >>> orde ou un nome de programa que comece por minúscula. Isto débese a >>> que os orixinais nótase que foron obtidos por medios semi-automáticos >>> e non son coherentes neste sentido. As traducións, si. >>> >>> Non sei como facer coas memorias de tradución; non sei se se inclúen >>> na memoria de Ubuntu 14.04 ou non. Penso que non pero non as vin entre >>> as memorias de tradución anteriores. Non son tan útiles como outras: >>> non hai tantos Quit/Save as/OK e si moitas cadeas que varían por pouco >>> pero que hai que traducir á man. >> >> Para facer a memoria de tradución abonda con seguir as indicacións de >> http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx >> >> Descoñezo se os textos do DDTP se inclúen nas traducións de Ubuntu, >> así que non sei se será realmente necesario crear un TMX á parte. Eu >> fariao de todos os xeitos xa que é un grupo de traducións >> especializadas e dun gran volume, o que desde o meu punto de vista >> xustifica a creación dun TMX separado. >> >> Se non queredes crear o TMX podo facelo eu. >> >> Deica >> >>> Quen podería... >>> >>> 1) Aproveitar estas traducións e pasalas a Debian? >>> >>> 2) Facer o mesmo para o que sexa equivalente en rpm? >>> >>> Xosé >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> proxe...@trasno.net >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> proxe...@trasno.net >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > proxe...@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl