En 21/05/10 00:28, Román escribiu:
> 2010/5/20 Antón Méixome<[email protected]>:
>    
>> 2010/5/20 Román<[email protected]>
>>
>>      
>>> 2010/5/20 Miguel Bouzada<[email protected]>:
>>>        
>>>> El 20 de mayo de 2010 15:29, antiparvos<[email protected]
>>>> escribió:
>>>>
>>>>          
>>>>> Ola, se non lembro mal, coido que as construcións do estilo 'Fai xxx
>>>>> segundos' son incorrectas, penso que se debera escribir 'Hai xxx
>>>>> segundos'. Se isto é así deixo as grallas seguintes pero creo que están
>>>>> moi xeralizadas.
>>>>>
>>>>> tomboy
>>>>> fai x días-->hai x días
>>>>> http://tinyurl.com/39yrag6
>>>>>
>>>>> transmission
>>>>> fai
>>>>> http://tinyurl.com/2w42bxl
>>>>>
>>>>>            
>>>> Certo, corrixo o que é erro meu,  tomboy deixollo á xente de gnome
>>>>
>>>> --
>>>>          
>>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>>>> [email protected]
>>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>>>>
>>>>>            
>>>> --
>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>>> [email protected]
>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>>>
>>>>          
>>>   Hola,
>>>
>>>   A min, o último que me aprenderan no instituto (pre-normativa 2003) é
>>> que se usa "hai xxx días" cando xxx é un tempo vago, indeterminado, e
>>> que en cambio hai que empregar "fai xxx días" cando é un tempo ben
>>> determinado; por exemplo: "arranxeiche iso fai dous días", pero
>>> "aqueleiche os papeis hai un par de semanas" (tamén valería "fai",
>>> neste segundo caso, se fosen exactamente dúas semanas).
>>>   Ben é certo que sempre me pareceu un chisco artificial, e coido que
>>> nunca escoitei a unha persoa concreta usa-las dúas formas, segundo o
>>> caso (normalmente, ou sempre "fai", indistintamente, ou sempre "hai").
>>> Algunha vez mesmo pensei que era unha cousa "meid-in o'profe", e que a
>>> normativa nunca tal dixera.
>>>   Algún dos lingüistas que hai na lista podería sacarme de dúbidas, se
>>> non é moito pedir?
>>>
>>>   Saúdos,
>>>   Román
>>>
>>>
>>>        
>> Confírmocho. Non é ningún invento:
>>
>> «Haiche moito que non o vexo...fará oito anos para setembro»
>>
>> Aí tes os dous. Non me digas que che soa artificial.
>>
>>
>>      
>   Pois non, aí sóame do máis natural... con respostas así da gusto
> estar subscrito a esta lista. Gracias, Antón.
>   Miguel, Marcos, tede en conta este detalle ;-)
>
>   Saúdos
>   Román
>
>    
Grazas mestres :-)

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a