2010/5/20 Miguel Bouzada <[email protected]>: > El 20 de mayo de 2010 15:29, antiparvos <[email protected]>escribió: > >> Ola, se non lembro mal, coido que as construcións do estilo 'Fai xxx >> segundos' son incorrectas, penso que se debera escribir 'Hai xxx >> segundos'. Se isto é así deixo as grallas seguintes pero creo que están >> moi xeralizadas. >> >> tomboy >> fai x días-->hai x días >> http://tinyurl.com/39yrag6 >> >> transmission >> fai >> http://tinyurl.com/2w42bxl >> > > Certo, corrixo o que é erro meu, tomboy deixollo á xente de gnome > > -- >> Ubuntu-l10n-gl mailing list >> [email protected] >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >> > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >
Hola, A min, o último que me aprenderan no instituto (pre-normativa 2003) é que se usa "hai xxx días" cando xxx é un tempo vago, indeterminado, e que en cambio hai que empregar "fai xxx días" cando é un tempo ben determinado; por exemplo: "arranxeiche iso fai dous días", pero "aqueleiche os papeis hai un par de semanas" (tamén valería "fai", neste segundo caso, se fosen exactamente dúas semanas). Ben é certo que sempre me pareceu un chisco artificial, e coido que nunca escoitei a unha persoa concreta usa-las dúas formas, segundo o caso (normalmente, ou sempre "fai", indistintamente, ou sempre "hai"). Algunha vez mesmo pensei que era unha cousa "meid-in o'profe", e que a normativa nunca tal dixera. Algún dos lingüistas que hai na lista podería sacarme de dúbidas, se non é moito pedir? Saúdos, Román -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
