Ola de novo: Rematei de traducir as cadeas do aplicativo que me indicastes, menos unha. Por moitas voltas que lle din, non acabo de atoparlle o sentido [1]. Se tedes algunha suxestión...
Ademais tiven algún problema de inconsistencias p.e. ó traducir "out of range": en unha cadea traducín como "fóra dos límites" e noutras "fóra de rango" ou "fóra do rango". ¿Hai algunha maneira de cambiar no Launchpad as traducións feitas por un mesmo? Tamén tiven dúbidas coa tradución de "I/O", pero ó final decanteime por "E/S" (entrada/saída). Non sei que pensades. E seguramente algunha cousa máis, pero xa me diredes. Saúdos. -- Mundi Granja [1] https://translations.launchpad.net/ubuntu/lucid/+source/libelf/+pots/libelf/gl/12/+translate?field.alternative_language=&field.alternative_language-empty-marker=1 -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
