2009/10/2 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>: >> Adrián Chaves Fernández escribiu: >> >>> Pois iso, suxiro: podería ser "soporte na Internet" >> >> >> >> eu poría interné (como carnet->carné) >> > >> > Eu poría "soporte na rede" ou "soporte na internet" (stop->stop) >> >> INMO >> Stop->alto, parar..., outra cousa é a simbolxía internacional. >> Eu tendo as formas regulares, será porque teño mala memoria e éme máis >> doado aprender regras xerais que casos concretos. ¿? >> Cousas como: licenza, diferenza, graza... preferencia???? Rompemme!! =( > > Falando de regras xerais, cústame crer que haxa máis exemplos de «-za» que de > «-cia». Pero certamente non o sei. Case sempre recurro ao dicionario para > saber en que caso estou. >
Que va, o normal é -cia, os casos de -za son contados (un feixe pero fixos e que están moi documentados na historia da lingua). Quero dicir que se tes que crear unha palabra nova faralo con -cia e non con -za, este último está digamos "conxelado" - falo da Normativa oficial, claro-. E si, eu tamén vou ao dicionario porque o léxico patrimonial é casuístico. Non ten nada que ver o caso de carné (< fr. carnet, "caderno") co da Internet (en. Internet "inter rede" ), nin en orixe, nin na súa presencia entre nós. "Internet" é un nome propio, non un substantivo común - por iso debe escribirse con maiúscula-. No futuro seguro que se "normaliza" pero aínda non. O que moita xente non sabe é que escribir *carnet en castelán non é correcto. E que en galego tamén se di "balé" (< fr. ballet). Se admitimos "interné", porque non "internés"?... -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
