Ola, Seguín traducindo algunhas entradas da app-install-data e xurdíronme algunhas dúbidas:
- 1168: "Simple GTK2 color selector and picker". Nos glosarios selector and picker tradúcense os dous por "selector". Algún outro sinónimo? - 1198: "Display disk space using tree maps", é a descrición de Graphical Disk Map, unha utilidade que representa en cadradiños o espazo que ocupan os directorios e arquivos. "Tree map" debe facer referencia ao algoritmo co que se determina a disposición e tamaño dos cadrados, non a que a representación gráfica sexa un diagrama en árbore. Algunha suxestión de como se chama o algoritmo en galego? Senón deixamos tree map para que se recoñeza o algoritmo... - 1214: "peercast P2P streaming network", como estamos traducíndo streaming? - 1320: "mapages", hai algunha tradución acuñada? Páxinas do manual? Páxinas man? - 1336: jukebox -> gramola? - 1371: "A two paned file manager?" Xestor de ficheiros divido en dous paneis? En dúas seccións? Grazas. -- Saúdos, Xosé Antonio Rubal. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
